Un ano máis chegamos ao final do segundo trimestre coñecendo un pouco máis sobre a Pascua. Como festa que é, fixemos xogos e probas para ser os primeiros en atopar a Pascua e disfrutala. Para iso, a nosa mascota Pombiña, preparounos unhas probas por niveis que tiñamos que superar e pasar para poder buscar os ovos de Pascua, unha tradición cristiá que podedes coñecer un pouco máis premendo na seguinte imaxe:
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
viernes, 31 de marzo de 2023
Na busca da Pascua
martes, 21 de marzo de 2023
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
23 DE FEBREIRO
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Celebramos o 23 de Febreiro o día de Rosalía de Castro porque é a data do aniversario do seu nacemento. Rosalía de Castro foi unha gran escritora, poetisa e referente absoluto da cultura galega.
Dende as diferentes escolas que formamos o CRA celebramos dun xeito moi especial o Día de Rosalía, repartindo entre o alumnado pensamentos co lema "un verso, un pensamento".
O motivo deste acto é que o pensamento era a flor preferida de Rosalía de Castro, segundo desvelou en varias das súas obras. Cada escola buscou un lugar para que cada nen@ plantara o seu pensamento. A través desta iniciativa quixemos dar cor a unha festa en defensa da lingua galega.
Ademais deste acto fixéronse diferentes actividades para traballar a obra desta gran poetisa.
Na clase de Educación Física traballaron a Rosalía de Castro a través de diferentes actividades onde a música e o baile estiveron moi presentes.
miércoles, 8 de marzo de 2023
8M DÍA DA MULLER
DÍA DA MULLER
O 8m é un día para lembrar e recuperar a loita das mulleres pola igualdade, o recoñecemento e o
exercicio efectivo dos seus dereitos.
Un día para responder, rexistrar e espertar o mundo e destacar a importancia do rendemento da
muller en tódolos ámbitos da vida.
Dende as nosas escolas conmemoramos ese día con diferentes actividades para lembrar o
significado que ten a palabra " igualdade" e que debemos tela presente sempre, educando
dende o respeto, a tolerencia e a empatía.
Preme na imaxe para ver o video.