Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
viernes, 24 de febrero de 2023
Festival de Entroido-2023
jueves, 23 de febrero de 2023
ENTROIDO 2023
miércoles, 22 de febrero de 2023
TALLER SOBRE A IGUALDADE
Este taller sobre a igualdade levouse a cabo grazas a colaboración da asociación FADEMUR,
organización que loita por alcanzar a igualdade e o progreso das mulleres que viven e traballan
no medio rural.
O taller realizouse polas diferentes escolas, presentando actividades dinámicas que
traballaban a igualdade.
lunes, 20 de febrero de 2023
A PAZ E O DÍA DO AMOR E A AMIZADE
Dende a clase de Relixión, conmemoramos de xeito conxunto o día da Paz e o día de San Valentín, coñecido tamén, polo día do amor e a amizade. Primeiro, propuxemos celebrar para a Paz, o cumple da nosa mascota, Pombiña. Para iso, démoslle moitas sorpresas: Preparámoslle unha canción de cumple moi especial, que trata sobre a paz e deste xeito, o día do seu cumple, cantámoslla mentres lle poñíamos as velas para que soplara e dábamoslle moito cariño. Logo compartimos a tarta entre todos. En algunha escola xuntámonos cos de atención educativa, xa que a paz é de todos e compartir cousas bonitas, é o mellor que podemos facer. Pombiña tamén nos trouxo unha tarxeta para colorear e poñer na nosa mochila e así, identificala como mochila da Paz, con todas as cousas que aprendimos e que levan estas mochilas.
De seguido, como xa chegaba axiña o día de S. Valentín, fixemos unha árbore chea de amor no que puxemos ás persoas que máis queremos e que non nos podemos esquecer de agradecerlle todo o que fan por nós e tamén, poñer en práctica a paz con toda a xente que nos rodea.
A continuación, amosámosvos un vídeo no que se pode escoitar e ver como aprendemos a canción que escollemos este ano para a Paz, unha adaptación do cantautor Unai Quirós, que se titula "Mi Mochila de la Paz". Do mesmo xeito, tamén vai un resumo do que estas dúas celebracións deron de sí. Agardamos que vos guste!!
viernes, 17 de febrero de 2023
Froita e leite na escola
Outro curso mais participamos do programa de FOGGA de Froita e Leite na escola para promover hábitos de alimentación saudable entre a rapazada e ata puidemos degustalos con algún convite de produtos típicos do entroido.
miércoles, 15 de febrero de 2023
Xenerais da Ulla en Sergude
Na escola de Sergude temos a sorte de ter un Xeneral da Ulla entre as nosas familias, así que lle pedimos que compartise con nós esta tradición tan arraigada na zona, e así foi, que fomos a correr o entroido pola parroquia, botamos vivas, fixemos atranques e mesmo montamos en cabalo como os Xenerais da Ulla. Grazas familias pola vosa colaboración, foi unha xornada inesquecible!
domingo, 5 de febrero de 2023
NA CLASE DE E.F E MÚSICA TRABALLAMOS CONXUNTAMENTE UN XOGO-BAILE PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ
Xa sabemos que a Paz ten que estar con nós todos os días do ano, pero para celebrar todas as escolas xuntas o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, desde a clase de E.F coa profe Olalla e desde a clase de Música coa profe Elena decidimos coordinarnos para realizar esta actividade tan chula. Botádele un ollo facendo click na imaxe