Ola familias!!!
Deixamosvos aquí unha pequena mostra das conmemoracións celebradas ao longo do mes de marzo:
Día Internacinal da Muller e Semana da Prensa.
Esperamos que as disfrutedes!!
Un saúdo
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Ola familias!!!
Deixamosvos aquí unha pequena mostra das conmemoracións celebradas ao longo do mes de marzo:
Día Internacinal da Muller e Semana da Prensa.
Esperamos que as disfrutedes!!
Un saúdo
Aproveitando o tempo de entroido, traballamos co noso alumnado a tradición oral dun xeito moi lúdico e algo familiar para eles: OS VIVAS DOS XENARAIS DA ULLA!!!
Aprendimos, divertímonos, disfrazámonos e pasámolo xenial.
Aquí tedes unha pequena mostra do noso traballo.
Como saberedes, a partir deste ano, a biografía de
Rosalía de Castro mudará posto que, grazas a un documento inédito, descubriuse
que naceu o 23 de febreiro e non o 24, como viñamos celebrando tódolos
anos. Como é tradición no CRA seguimos dando a coñecer este patrimonio lingüístico tan fermoso que
nos deixou a escritora padronesa a través dos seus poemas. Baixo o lema “Libre
de Pensamento” escollemos aquelas palabras que máis nos gustaron dos seus
poemas, tras un traballo previo, e plasmámolas nunhas espectaculares bolboretas que lle pegamos na cabeza da autora a modo de alegoría. E incluso houbo algunha que outra sorpresa: aproveitando que estábamos preto do Entroido, a algún alumno ocorréuselle que sería unha boa idea disfrazar a Rosalía.
O día 11 de febreiro foi o “Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia” e dende o "CRA Boqueixón Vedra Neira Vilas" quixemos aproveitar para traballar nas nosas aulas diferentes referentes científicos femininos que nos axudasen a visibilizar o papel da muller dentro deste campo ó longo da historia. Para elo cada aula escolleu a unha científica e, durante unhas semanas, traballamos a súa vida e as aportacións que fixeron á sociedade. Desta forma os nenos e nenas puideron ver cas mulleres tamén son axentes de cambio que contribúen ó progreso social e intentamos sementar esta idea nas súas cabezas coa finalidade de que lles sirva de inspiración e agromen no futuro unhas xeracións que avogen por optar por áreas científicas, de investigación ou matemáticas na súa elección profesional.
Como actividade complementaria elaboramos uns autocolantes nos que recollemos palabras significativas que tiñan que ver coa súa vida ou coa súa laboura como científicas. Aquí deixámosvos uns colaxes, a modo de mostra, do traballo realizado.