Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
martes, 21 de diciembre de 2021
FELICES FESTAS A TOD@S!!!
lunes, 20 de diciembre de 2021
Papá Noel
domingo, 5 de diciembre de 2021
VOLCÁNS
sábado, 4 de diciembre de 2021
NOVEMBRO NA HORTA DE CAMPORRAPADO
Preme sobre a imaxe |
Durante este mes realizamos
3 colleitas grazas ó inverno
tan temperado que estamos
a ter este ano.
Preme sobre a imaxe |
Realizamos a plantación de inverno.
Preme sobre a imaxe |
A profe Sofía fíxonos unha presentación sobre a compostaxe. Despois abrimos a nosa composteira e usamos o compost para rechear os bloques e plantar tulipáns.
Preme sobre a imaxe |
lunes, 29 de noviembre de 2021
25 De Novembro
Este ano para conmemorar o Día Internacional da Eliminación Contra a Violencia de Xénero, fixemos moitas actividades nas escolas.
jueves, 25 de noviembre de 2021
FÚTBOL SALA
Deixámosvos aquí información por se estiverades interesad@s en apuntar ás vosas fillas e fillos á actividade extraescolar de fútbol sala ofertada polo concello de Boqueixón. Animádevos a participar!
domingo, 21 de noviembre de 2021
XORNADAS MICOLÓXICAS NA ESCOLA DE CAMPORRAPADO
Este venres desfrutamos da compaña de Rubén da asociación Amabul, fixemos un roteiro pola contorna e aprendimos un montón sobre cogomelos.
viernes, 19 de noviembre de 2021
UNHA ANDAINA POR SARANDÓN
O RUKUTRÚ DEIXOUNOS UNHA MESA CON AGASALLOS!!!!
O PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA DO CRA AXÚDANOS A SER MÁIS SAUDABLES E AQUÍ ESTAMOS...APRENDENDO.
miércoles, 17 de noviembre de 2021
OS NOSOS CADROS DO OUTONO
Hoxe rematamos os nosos cadros do outono. Esta actividade comenzámola presentando o retrato do pintor Archimboldo, observamos a súa obra e comprobamos que para facela empregaba elementos naturais, así que propuxémonos imitar a súa forma de pintar. Eleximos unha das súas obras que está relacionada co "outono".
Con debuxos de cabazas, uvas, castañas... e outros froitos propios do outono elaboramos o noso propio cadro imitando a Archimboldo.
MAGOSTO
O pasado venres 12 celebramos o Magosto nas escolas do CRA e para iso fixemos moitos xogos con carozos de millo; construimos casiñas de diferentes alturas, carreiras de relevos, encestamos carozos, carreiras de enrolado.... Pasámolo en grande!!
Sen esquecer a rica merenda que degustamos ese día... Castañas!!!!
martes, 16 de noviembre de 2021
OUTUBRO NA HORTA DE CAMPORRAPADO
Nova colleita e limpeza da horta
Preme sobre a imaxe
Reparación do hotel de insectos
Melloras na horta
Segunda colleita do mes de outubro
domingo, 14 de noviembre de 2021
SAÍDA PRETO DA NOSA CARBALLEIRA
AS NOSAS PRIMEIRAS SAÍDAS
A nosa primeira saída a contorna foi a finca dunha veciña. Alí atopámonos cunha chea de castiñeiros, recollimos castañas que logo a nosa veciña Maricarmen asou na Carballeira. Desfrutamos dunha rica merenda!!!!
AS NOSAS OBRAS DE ARTE
A través do arte os nen@s aprenden a ver as cousas de diferentes maneiras e a interpretar a realidade con múltiples miradas e a expresala a través de diferentes linguaxes, desenvolvendo a curiosidade, a creatividade e o espíritu crítico.
Disfrutaremos o arte a través de contos, libros, diferentes artistas e as súas obras. Elixiremos os espacios e materiais que mais nos interesen en cada momento.
Comezamos o curso facendo cada un o noso retrato, saimos o patio e pintamos libremente...
MESA SENSORIAL
A mesa sensorial é un espacio para que os nen@s xoguen, interactúen, potencien os seus sentidos, desarrollen a imaxinación, creatividade, practiquen a psicomotricidade fina, traballen as matemáticas...
Ao longo do curso irá variando según as necesidades dos nen@s e o que estemos traballando dacordo cos contidos que queremos acadar.
Os materiais empregados poden ser moi diferentes: area, auga, follas, pasta, legumbres, todo tipo de materiais da natureza con diferentes texturas... cuencos, pinzas para facer as clasificacións.
No que levamos de curso preparamos a mesa do outono e samaín.
TALLER DE GRAFISMO
Decidín empezar este taller de grafismo por un blog que sigo moito o: blog de Miren, onde hai propostas dun grafismo creativo. Hai un montón de ideas, recursos, libros en diferentes blogs, pinterest.... así que espero que lles guste aos nen@s.
Como temos diferentes idades os materiais van variando:
- En 3 anos comezamos o taller con pinturas, pincel, combinando con rotuladores de punta grosa, estampando, pegando gomets....
- En 4 anos añadimos rotuladores de punta fina, acuarelas...
- En 5 anos intentaremos facer trazos cada vez mais precisos.
A primeira actividade neste taller foi grafismo relacionado co outono: pegamos gomets, traballamos líneas verticais, horizontais, oblicuas.. adaptando por suposto a idade do nen@.