Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
domingo, 27 de junio de 2021
A HORTA EN SAN FINS
martes, 22 de junio de 2021
ESCOLAS DEPORTIVAS DE VEDRA
Deixámosvos aquí a información por se estiverades intresadas/os en apuntarvos a fútbol nas escolas deportivas de Vedra. Animádevos!!!
lunes, 21 de junio de 2021
O que dou de si a clase de reli neste curso tan peculiar!
Sen dúbida este ano foi un curso moi peculiar, por iso, centrámonos no aspecto emocional
e en actividades nas que se traballara o valor das cousas, da amizade e
principalmente da familia, sempre dende o punto de vista cristiá e con Xesús e
Pombiña como os nosos guías nesta viaxe
que vivimos nas aulas no curso 2020- 2021.
Dada a situación sanitaria na que nos atopamos, déuselle moita máis
importancia ao traballo manipulativo que ás fichas propiamente ditas. O feito de favorecer a estanqueidade nas aulas, fixo que o
percorrido polas escolas fose diferentes. Por iso creáronse 2 proxectos por
trimestre par traballar cada semana que se estaba nas escolas.
Deste xeito, coñecimos aplicacións como “Educaplay”, “Genially”… cos que
descubrimos diferentes xogos, tipo memory, sopa de letras, puzzles, escoller
respostas sobre vídeos vistos previamente…e outro xogos manipulativos que nos
axudaban a adquirir os contidos e todo iso según a temática que estivéramos a
traballar en cada momento.
Para iso, comezamos coa presentación de Pombiña, a nosa mascota. Fíxonos ver o importante que son os nosos
seres queridos e decidimos demostrarlles o moito que os queremos e o
agradecidos que estamos por todo o que fan por nós.
De seguido, presentamos o libro de Xesús, a Biblia, como a
biblioteca dos contos que contaba Xesús para explicar as súas ensinanzas. Para
axudar, Pombiña tróuxonos o seu xogo, o “Xogo de Pombiña”, no que nos ensina a viaxe de Xesús dende que
nace ata que vai para o seu Reino de amor. Un xogo similar ao “Xogo da Oca”
pero no que o alumnado son as fichas e en cada parada
tiñan que facer una proba. Chegamos a Nadal descubrindo o seu
verdadeiro significado, o cumpre do noso amigo Xesús.
No segundo trimestre, valoramos os agasallos de Nadal e embarcámonos na
conmemoración do día da Paz. O prato forte foi a canción
“Contágiame tu Paz”, de Unai Quirós, na que se nos convida a encher o mundo de
Amor e Paz . Deixamos reflexado os nosos mellores desexos para esta
conmemoración co “Semáforo da Paz”, actividade que, en algunhas escolas, fixemos conxuntamente co
alumnado de alternativa e no que distinguimos as boas accións das que non nos
gustan. Rematamos ese trimestre celebrando a Pascua: aproveitamos para
traballar con robótica os acontecementos da Semana Santa e con unha
búsqueda de ovos de chocolate, que conseguimos non antes sen pasar unhas probas, entre as que estaban un bingo, formar ovos e ata tivemos que colocamos o rabo ao
coello de Pascua.
Entramos no último trimestre traballando diferentes valores tan importantes
no noso día a día e que Xesús e Pombiña non convidan a poñer en práctica. Para
iso tamén levamos a cabo unha dinámica con globos na que, nun primeiro momento
cada neno/a tiña un tempo para buscar o globo co seu nome, de seguido, propúxoselles que buscasen calquera outro
globo en moito menos tempo e así como foi
todos eles conseguiron un, que finalmente decidimos facer felices aos demais
agasallándolles a cada neno/a co seu globo. Ao rematar fixemos unha pequena reflexión
comparando os globos coa nosa felicidade, que si só buscamos a nosa propia, ás
veces non a temos, pero si buscamos a dos demais, podémola atopar dun xeito
máis doado.
Para rematar o curso, Pombiña propúxonos rematar como comezamos, valorando á nosa familia todo o
que fan por nós. Dado que maio é o mes das mamás, da familia, das flores…
fixemos unha flor con unha mensaxe chea de cariño.
Agora toca descansar e disfrutar de unhas máis que merecidas vacacións. Gracias por formar parte e participar das aventuras que Pombiña nos conta, xa está argallando cousas novas para o vindeiro curso...esperámosvos!!!
Roteiro até o Bosque Encantado de Sarandón
O mestre Antonio sempre di que é importante
coñecer de onde é un/unha para poder volver cando se queira, e iso foi o que
fixemos o pasado xoves nun roteiro pola parte alta da parroquia de Sarandón até
chegar a Cimadevila e ao Bosque Encantado.
Antes de saír aprendemos aspectos que nos poden
axudar a orientarnos no caso de que nos perdamos como a saída e a posta do sol
de leste a oeste, a localización do musgo cara o norte..., equipámonos cuns
chalecos reflectantes moi chulos para ser ben vist@s polos vehículos que nos
puideramos atopar, cargamos as mochilas con auga e algo para tomar na parva e
collemos as gorras, pois ía facer moito calor.
Polo camiño aprendemos moitas curiosidades da
natureza coma que os pampillos son unhas plantas de flores amarelas que medran
moito nas fincas descoidadas, que a flor do castiñeiro chámase candea e é
fosforescente, a diferenciar o codeso da xesta (máis longa e dura), as piñas e
os piñóns dos pinos mansos fronte ao bravos, os bosques cultivados onde as
árbores están ordenadas en ringleiras fronte aos salvaxes; a clasificar as
flores en umbrella ou en racimo en función da súa forma de medrar... Xogamos
cos estalotes, Andrea e Nico colleron menta por se algún compañeiro/a tiña a
mala sorte de ortigarse, e observamos como a Serra de Penas Pardas protexe a
Sarandón dos ventos do norte.
Pasamos pola Fonte Fría que da de beber ao río
Ulla e calculamos os anos que pasaron dende que se construíu até que se fixo o
lavadoiro que está ao seu carón.
Visitamos as casas de xente moi importante da
aldea coma a de Rita, onde vive Natalia Barreiro Piñeiro, unha antiga alumna da
escola que está a traballar nun centro de investigación elaborando unha vacina
galega contra o covid que xa se está testando en Alemaña; a de Fortunato, o avó
de Gabriel, que é o que máis sabe do arredor sobre as viñas, ou a casa dos avós
de Clara, onde Senén e Carmiña nos amosaron todo un museo de apeiros de
labranza e doutras curiosidade que tiñan no alpendre: xugo, arado, pesas, un
molido (para levar a cesta na cabeza), atadores para atar os monllos de trigo,
unha bota das de beber,..., e incluso un caínzo onde vivían as galiñas chocas
feito polo bisavó de Xoel e Xiomara. Tamén puidemos saudar a Luís, bisavó de
Enzo e Luca, vimos dende lonxe a casa de Andrea e a cuadra da súa egua Triana e
entramos na de Lupe a ver a Regidora, o seu poldro Braco e as rulas.
No Bosque Encantado camiñamos con coidado sobre un
chan brando coma un colchón na busca da cova do Dragón Colorado, atopamos unha
cabana feita pol@s nen@s meses atrás que resistiu fronte as inclemencias do
tempo, perseguimos ao Rukutrú e, cando xa pensabamos que o tiñamos atrapado,
descubrimos que era Antonio agochado entre os fentos. A este paxaro trouleiro
non conseguimos velo, pero si atopamos un agasallo que deixou para nós entre a
maleza que saboreamos durante a parva. Na súa busca, tamén descubrimos algunhas
tobeiras e un cranio dun animal pequeno. Pertencería a un coello? A unha marta?
A un roedor? A un animal carnívoro? Como sería a súa vida? Comeríao o Dragón
Colorado? Cantas preguntas sen resposta e que ganas de investigar para sabelas
todas.
Despois de tomar a parva e de descansar un
pouquiño para coller alento xogamos ao pi. Xa aprenderamos este xogo no patio
da escola na clase de educación física, pero aquí foi moito máis divertido
aproveitando a espesura do bosque para agocharnos tras as árbores e a
vexetación. Iso si, tivemos que ter moito coidado ao correr para non tropezar
cos fentos, paus ou raíces. Chamounos a atención que no chan había moitos
restos da cortiza dos eucaliptos e aprendemos que se trata dunha árbore pirófita
porque a súa “pel” é tan lixeira que voa co aire e propaga moi ben o lume.
Foi unha mañá incrible, cinco horas de actividade
intensa onde ademais de desfrutar ao aire libre aprendemos un milleiro de
cousas sobre a natureza e a nosa parroquia e todo iso reflectiuse no sorriso
das nosas caras durante o camiño de volta á escola. Agardamos non tardar moito
en volver repetir unha experiencia coma esta, pois seguro que quedan moitos
segredos ocultos por descubrir en Sarandón e cun guía de luxo coma o que
levamos non se nos poderán resistir. Non si Antonio?
domingo, 20 de junio de 2021
RUKUTRÚ 2020-2021
Un ano máis chegou ó CRA a revista do Rukutrú. E como peculariedade trátase dun monográfico que xira arredor do proxecto que estivemos traballando anualmente sobre o Camiño de Santiago. Démoslle formato de xornal recollendo, nun producto final, as noticias dese fantástico telexornal das que foron protagonistas. Para abrila tedes que premer enriba da imaxe e para moverse pola presentación utilizar as frechas cursoras do teclado. Esperamos ca disfrutedes tanto coma nós!!!
Na seguinte ligazón podedes velo de xeito pormenorizado:
viernes, 18 de junio de 2021
EXTRA, EXTRA! ÚLTIMAS NOVAS
O curso chega ao seu fin, e con el queremos dar mostra de todo o que fixemos en relación ao noso proxecto de centro sobre o Camiño de Santiago.
martes, 15 de junio de 2021
PREVENCIÓN E ESTRATEXIAS NO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS
Como nos estamos a preparar e a interesar tanto polos hábitos de vida saudables co noso PDC en centro, e vendo o gran auxe que tiveron as novas tecnoloxías no noso alumnado sendo tan pequeno, non quixemos deixar de formarnos nós e ás nosas familias do CRA na prevención do mal uso destas ferramentas. Grazas ao Concello de Boqueixón puidemos disfrutar desta xornadas tan proveitosa para todos e todas!!!
Contade con que o vindeiro curso volveremos a interesarnos por este tema e algo argallaremos para poder ir atallando futuros problemas e non esperar a que se fagan grandes e non teñan arranxo!!!
MERENDAS SAUDABLES!!!!
Durante toooooodo o curso estivemos a traballar desde as escolas con toooodo o noso alumnado uns hábitos de vida saudables.
A pandemia e a situación que estamos a vivir así no lo esixiron e fixémonos expertos en lavar ben as mans, desinfectar todas as superficies e intentar manter as distancias de seguridade.
A parte de toooodo esto, procuramos ir máis alá e todos e todas insistimos e procuramos ter unha alimentación máis saudable.
Para elo nas escolas, a través do PDC "Xogade" e o Programa de froita e leite na escola, conseguimos pouco a pouco que as merendas que traemos ao cole sexan cada vez máis saudables e menos procesadas.
Aquí vos deixamos un pequeno exemplo do ben que comemos nos nosos recreos!!!
jueves, 10 de junio de 2021
FROITA E LEITE NA ESCOLA!!!!
Por primeira vez participamos no Programa escolar de consumo de froitas e leite na Escola!!!
Estámonos a converter en rapaces e rapazas moi moi comprometidos con levar unha vida cada vez máis saudable. Si eramos emocionalmente saudables, agora xunto co Proxecto Educativo de Centro: Xogade, as nosas merendas saudables, e este novo Programa só podemos dicir que ESTAMOS ENCANTADOS!!!!!
Algúns descubrimos que nos gustaban froitas ás que lles tiñamos un pouco de tirria...e pódovos asegurar que nos gustou moito moitísimo a experiencia!!!
viernes, 4 de junio de 2021
miércoles, 2 de junio de 2021
LETRAS GALEGAS 2021
Este ano o día das Letras Galegas adicouse a Xela Arias. No noso centro achegámonos á obra desta artista: coñecendo un pouco da súa poesía, elaborando uns marcapáxinas e inventando palabras como facía a autora na súa primeira obra. Non podíamos deixar pasar a celebración do día das nosas letras e da nosa cultura sen desfrutar dunhas xornadas de xogos tradicionais: investigamos na páxina do Mupega aspectos interesantes sobre eles e puxémolos en práctica aproveitando o bo tempo.