Fai unhas semanas comezamos a poñer a punto a nosa horta, tanto exterior como interior, o que require levar a cabo moitas tarefas: prepar a terra, sementar, transplantar, regar,....
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
domingo, 30 de mayo de 2021
viernes, 21 de mayo de 2021
As Tics no Camiño
Seguimos facendo camiño e desta volta empregamos os nosos robots para levar aos peregrinos/as á Catedral de Santiago de Compostela, pasando antes por diversos puntos de interese da nosa contorna, como é o Pico Sacro, a Capela de Gundián, a fonte de Santiaguiño...Prestamos moita atención as sinais que nos indican que imos polo bo camiño.
Cada un/una emprega as súas estratéxias para facer mover o rato polo mapa e avanzar así na adquisición de diferentes contidos. Aprendemos de xeito lúdico e divertido!!
jueves, 13 de mayo de 2021
SEMANA DA PRENSA
Un ano máis durante a semana da prensa traballamos con prensa escrita e dixital. O alumnado profundizou en aspectos como: as partes do xornal, as características dos textos periodísticos, etc. Este curso ademais buscamos noticias relacionadas co camiño de Santiago e observamos a grande repercursión do camiño nos medios.
miércoles, 12 de mayo de 2021
DÍA DO NENO E DA NENA
Este ano, máis que nunca, merecen ter o seu día conmemorativo e así se quixo reflexar nunha xornada en concreto, en lembranza do 26 de abril do 2020, día no que os nenos e nenas puideron sair á rúa, tras o confinamento vivido.
Por iso cada 26 de abril será o día de todos os nenos e nenas. Nesta ocasión, comezamos a xornada con un forte aplauso por todo o vivido ao longo deste duro ano, no que foron un exemplo de valentía e fortaleza e continúan a selo.
Nesta data estivo tamén moi presente o xogo, un recurso moi necesario para o desenvolvemento do neno e da nena e tan importante nestas idades.
Ademáis, aproveitamos esta xornada para celebrar un "Mercradiño" Solidario, promovido pola nosa ANPA. Nesta ocasión o recaudado foi para a Obra Social do CHUS e empregouse para a modernización das salas de espera das urxencias pediátricas.
No seguinte vídeo poderedes ver un resumo do que dou este día de sí, do ben que o pasamos e do moito que se conseguiu con axuda de todas as familias. Graciñas mil!!!!
lunes, 3 de mayo de 2021
Grandes deportistas
Hai un par de semanas Andrea e Xoel de Sarandón contáronnos as súas experiencias nas probas de hípica, na modalidade de doma, e ciclismo de montaña respectivamente. Pasaron a semana previa moi nervios pensando no día da competición e pagou a pena porque o pasaron moi ben nelas. Os 3 anos de experiencia de Andrea e ano e medio de Xoel practicando estes deportes, servíronlles para solventar as dificultades que foron atopando e a sobrepoñerse para poder rematar con éxito. Desfrutaron moito do día e o luns, na escola, compartiron con nós as súas experiencias respostando gustosamente ás nosas preguntas e contaxiaron o seu entusiasmo pola práctica destes deportes. Ogallá en próximos encontros participemos moitas e moitos máis. Parabéns aos dous.