Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Moi boas familias!! Aquí estamos un ano máis ensinándovos o noso día a día nas nosas escolas e as conmemoracións que celebramos para, entre tod@s, chegar a ter un mundo mellor!!
Nesta ocasión queremos achergarvos os nosos traballos no Día Universal da Infancia, no día Internacional contra a violencia de xénero, ou no día Internacional das Persoas con discapacidade. Asemade, aproveitamos para ver a importancia do día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que se conmemora o 10 de decembro.
Para todo isto, levamos a cabo diferentes dinámicas en coordinación con todas as escolas. Tamén temos que agradecer ao CIM de Boqueixón por agasallarnos con un libro tan especial como "Alén, loita e acariña", o cal fainos sentir fachenda, xa que este relato naceu a partir dos talleres que a autora, a nosa querida Yolanda Neira Cristobo, levou a cabo nas nosas escolas. Ainda que non é menos o agradecemento a David, de "CPM Eventos", por agasallarnos tamén con un conto tan especial, na compaña do mago Noel, no que trouxeron con maxia, o respecto e o valor da amizade ás nosas aulas dun xeito que como só eles saben transmitir.
No seguinte vídeo, presentamos un resumo do que todas estas conmemoracións deron de si. Agardamos o disfrutedes!!
O mes de novembro nas nosas escolas está adicado á figura de Xosé Neira Vilas. Achegamos ao noso alumnado a este autor e a súa obra. Nesta ocasión, a partir do seu libro "O xardín de Irene" xurdiron diferentes propostas como as que se amosan a continuación: