Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
lunes, 30 de marzo de 2020
DÍA DA TRADICIÓN ORAL
viernes, 27 de marzo de 2020
QUEDAMOS NA CASA
jueves, 26 de marzo de 2020
DÍA DA POESÍA
Para conmemorar este día, dende o equipo de biblioteca seleccionaronse tres retahílas co obxetivo de xogar con este tipo de texto, propoñendo distintas actividades a realizar con elas: recitalas varias veces, recitalas con eco ou recitalas modificando a velocidade. Debido o momento que estamos vivindo de confinamento nas nosas casas, pedimos as familias a súa colaboración en dita actividade propoñendo a gravación dos seus fillos recitando ditas retahílas e outras novas que coñecesen, e este é o resultado!!
Moitas grazas as familias pola súa colaboración unha vez máis!!
A Hortoescola Xián!!
Visitounos o papá dos nosos amigos, Xián e Antón, para compartir con nós o seu bo facer en tema de plantas. Puxemos moita atención a todo o que nos contou Juan e dos seus consellos para prantar. Estabamos moi ilusionados con poder coidao o noso horto e ver medrar as sementes e flores que prantamos pero agora teremos que esperar a cando volvamos. ...
Pero... Como as prantamos con tanto cariño e esmero seguro que nos están esperando para ofrecernos un sorriso!!! Moito ánimo a tod@s!!
viernes, 20 de marzo de 2020
Día Internacional da Muller
No noso centro durante dita semana puxemos en marcha un Obradoiro de Igualdade baseado nun contacontos con maxia, polo que da man de David de CPM eventos e a participación do Mago Noel (financiado con cartos obtidos polo pacto de estado en materia de igualdade) descubrimos a historia de Palmira e as dificultades que tivo ó chegar a unha nova escola, como se sentiu ó ser rexeitada polos demais e cal foi a peza clave para sentirse de novo segura de si mesma.
A continuación compartimos o ben que o pasaron os nenos e nenas de todas as escolas con dita experiencia!!
miércoles, 18 de marzo de 2020
Proposta mediambiental para estos días
PLASTICMONSTERS.
Como ben sabedes, en todas as escolas estamos traballando e investigando sobre o medioambiente, os seus coidados e a importancia de reciclar, reducir e reutilizar.
Dende o equipo de Biblioteca do CRA fixéronnos a proposta de participar nunha iniciativa de Greenpeace, para facernos mais conscientes da situación actual con respecto ó uso abusivo dos plásticos e dos seus efectos nocivos. A proposta viña nunha carpetiña que ía rular polas casas, pero dadas as circunstancias, propóñovos a tarefa por aquí.
Podedes ver as orixes da proposta nestes enlace:
Déixovos o tráiler do documental que fixeron (aínda que está en inglés, ben seguro que eles e elas entenden a mensaxe, tamén lles podedes ir traducindo as partes mais significaticas):
https://www.youtube.com/watch?v=_oDG7NwkP3E
Finalmente, na seguinte ligazón atoparedes adxunto o documento onde se explica a proposta da actividade:
https://www.edu.xunta.gal/centros/craboqueixonvedra/?q=system/files/PLASTICMONSTER%282%29.pdf
Se neste tempo, non sodes quen de levala a cabo ou non queredes, non vos preocupedes, retomarémola á volta!
lunes, 16 de marzo de 2020
O LOBO E A LÚA
Foi unha experiencia marabillosa que encantou tanto a mestres e mestras coma os cativos e cativas, aqui deixamos unha mostra do que ali vimos.
jueves, 12 de marzo de 2020
Sementeira na escola
miércoles, 11 de marzo de 2020
Troco de sementes2020
lunes, 9 de marzo de 2020
Aullentador de caracois ecolóxico.
viernes, 6 de marzo de 2020
Troco de sementes á beira do Pico
miércoles, 4 de marzo de 2020
Reutilización e limpeza
martes, 3 de marzo de 2020
PERÍODO DE ADMISIÓN!!
O noso tríptico informativo!!
Recolleita e novos experiementos
Disfrutando da nosa horta
Tamén estamos a investigar como é este proceso pq o xoves estaba pechadiño de todo...xa vos contaremos o que descubrimos!!