A pesar de que xa comeza o mal tempo, non deixamos de traballar na nosa horta para que poidamos sacar as mellores colleitas. Para iso, plantamos allo porro, repolo, romanesco, brocoli e coliflor. Sen dúbida que nos espera moito traballo pero a nosa saúde vai estar encantada.
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
miércoles, 25 de septiembre de 2019
jueves, 19 de septiembre de 2019
Gran repartición
miércoles, 18 de septiembre de 2019
Nova andaina neste gran Proxecto que é VOZ NATURA
Un curso máis, xa estamos aquí para traballar a reo nas nosas hortas e en pro do medio ambiente. Este ano repartiremos entre todas as escolas diferentes formas de coidar a natureza, fomentar a reciclaxe, comida san, veremos como podemos reducir os plásticos... e como non, as nosas hortas, que sen dúbida, darán moito que falar. Animádesvos?? Convidámosvos a partircipar nesta gran iniciativa que un ano máis botamos a andar.
miércoles, 4 de septiembre de 2019
Horario do período de adaptación
Para que poidades organizarvos, xa vos adiantamos como será o período de adaptación do alumnado que comeza no centro en 4º de Educación Infantil. O alumnado que curse calquera dos outros niveles, virá dende o primeiro día en horario de 9 a 14 horas.
Xuntanza de comezo de curso
Xa estamos de volta e con gañas de contarvos todas as novas de cara a este novo curso que en breve comezará. Para iso, convidámosvos á xuntanza que terá lugar o vindeiro luns día 9 ás 19 horas en Lestedo. Deste xeito, explicaremos todo o relativo ao comezo do curso e funcionamento do centro e tamén solventaremosvos calqueira dúbida que teñades. Agardámsovos. Un saúdo de todo o claustro do CRA Boqueixón- Vedra.