E para rematar o trimestre e dar a benvida o nadal que mellor xeito que compartilo coas nosas familias...
Así puidemos gozar das acutacións dos nenos/ as do C.R.A que con moito entusiasmo prepararon.
Grazas a tod@s por facer esto posible.
Bo Nadal e Próspero 2019.
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
jueves, 27 de diciembre de 2018
martes, 4 de diciembre de 2018
NADAL NO C.R.A
Xa está o Nadal a volta da esquina e para festexalo dende o CRA Boqueixón -Vedra queremos divertirnos con este photocall navideño que ira pasando por todas as escolas nos vindeiros dias.
Animádevos a facer a foto navideña!!
jueves, 29 de noviembre de 2018
25 DE NOVEMBRO, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Esta semana todos os nen@s do CRA, participamos nun obradoiro contra a viloencia de xénero, promovido polo concello de Boqueixón, da man de Yoli. Grazas a ela coñecimos a Alen e Marea, e as súas historias, e reflexionamos sobre algunhas ideas de como podemos axudar cando alguén está nunha situación complicada.
miércoles, 14 de noviembre de 2018
En Sergude comenzamos coa investigación sobre árbores da nosa contorna, dentro do proxecto de centro "Co monte na man".
Coa chegada das primeiras ideas e información, Anxo ofreceunos a posibilidade de que nos visitaste o seu primo Fer, xa que el é un experto en bonsais. Así que veu e explicounos cousas sobre eles: cómo se fan, que coidados necesitan, onde viven, que características teñen... Falounos das árbores en xeral, e dos bonsais en particular.
Tiñamos unha lista de preguntas para facerlle (xa que non sabíamos nada de nada de bonsais), e fomos respondendo a todas as preguntas e anotando outra información que nos foi dando!
Comprobamos tamén cales de nós valeríamos para bonsai, xa que non deben pasar de 1 metro.
Falounos dos concursos de bonsais nos que participa, e da súa experiencia no Xapón aprendendo a coidalos de xaponeses moi moi expertos! (cómo non, deixamos unha estrela no mapamundi en Xapón, para recordar onde estivo el e de onde con originarios os bonsais). E como colofón, agasallounos con un olmo chino!!!!!! Quedamos mais que agradecidos/as, co firme compromiso de coidalo e por suposto convidándoo a volver cando queira!!!!
Moitas gracias por este obradoiro tan interesante Fer!!!
[youtube msQw0t_ByqI nolink]
domingo, 11 de noviembre de 2018
Aprendendo sobre os bonsais en Sergude
En Sergude comenzamos coa investigación sobre árbores da nosa contorna, dentro do proxecto de centro "Co monte na man".
Coa chegada das primeiras ideas e información, Anxo ofreceunos a posibilidade de que nos visitaste o seu primo Fer, xa que el é un experto en bonsais. Así que veu e explicounos cousas sobre eles: cómo se fan, que coidados necesitan, onde viven, que características teñen... Falounos das árbores en xeral, e dos bonsais en particular.
Tiñamos unha lista de preguntas para facerlle (xa que non sabíamos nada de nada de bonsais), e fomos respondendo a todas as preguntas e anotando outra información que nos foi dando!
Comprobamos tamén cales de nós valeríamos para bonsai, xa que non deben pasar de 1 metro.
Falounos dos concursos de bonsais nos que participa, e da súa experiencia no Xapón aprendendo a coidalos de xaponeses moi moi expertos! (cómo non, deixamos unha estrela no mapamundi en Xapón, para recordar onde estivo el e de onde con originarios os bonsais). E como colofón, agasallounos con un olmo chino!!!!!! Quedamos mais que agradecidos/as, co firme compromiso de coidalo e por suposto convidándoo a volver cando queira!!!!
Moitas gracias por este obradoiro tan interesante Fer!!!
miércoles, 7 de noviembre de 2018
CIENCIA EN RUTA
Esta semna os nen@s do CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas" disfrutamos dun obradoiro sobre o Sistema Solar da man de Ciencia en Ruta e grazas a nosa ANPA.
Coñecemos os planetas, os seus satélites e moitas curiosadades sobre estes; manipulando as vistosas maquetas que nos trouxo Juan. Moitas grazas por ensinarnos tantas cousas!!
E como non, mil grazas a nosa ANPA, por ofrecernos a oportunidade de participar neste obradoiro.
GRAZAS!!!!
martes, 6 de noviembre de 2018
As mochilas temáticas emprenden a súa viaxe ás escolas!!
miércoles, 31 de octubre de 2018
SAMAÍN NO C.R.A
Hoxe celebramos o Samaín no C.R.A e para iso levamos ás escolas cabazas decoradas coa axuda das nosas familias. Quedáronos terroríficas!!
Disfrazámonos para este dia enchendo as escolas de bruxas, vampiros, esqueletos, zombies,.....e moitos monstruos!!!
Nos mesmos preparamos as nosas merendas de Samaín e para iso fixemos: tumbas, pantasmas, arañas, vasoiras, ollos sangrientos, riquísimas pizzas con formas monstruosas,.....e moitísimo máis.
E o máis importante deste día é que pasámolo de MEDO!!
viernes, 26 de octubre de 2018
PASABODEGHIÑAS 2018
Como tódolos anos por esta data os nen@s do CRA Boqueixón-Vedra celebramos o Pasabodeghiñas ( o noso magosto).
Primeiro disfrutamos da actuación dos Ghazafellos que amosaronnos os seus traxes tradicionais, tocamos os instrumentos, cantamos e bricamos con eles...
Despois na Adega de Cabaleiro merendamos unhas ricas castañas asadas...Mmmm estaban deliciosas!!
Continuamos cara a Adega de González onde pasámolo en grande cos xogos populares... e para rematar o gran día degustamos a rica rosca que nos tiñan preparada nesta Adega.
sábado, 20 de octubre de 2018
As Apps no mediambiente!!
Botamos a andar un proxecto con varias partes: en primeiro lugar buscamos información, fixemos unha posta en común e aprendemos a usar apps, en concreto: plant@net e códigos QR. A primeira axúdanos a identificar árbores, follas, froitos... e cos código QR, engadindo información ou claquera outro enlace de interese co que traballar...neste caso, o castiñeiro do patio da escola.
jueves, 18 de octubre de 2018
Reutilizando
martes, 16 de octubre de 2018
Máis recolleita!!
lunes, 15 de octubre de 2018
De paseo pola contorna!!
Hoxe, aproveitando o bo tempo saímos a dar un paseo pola contorna para desfrutar e aprender do que nos rodea. Non nos esquecimos dos nosos manuais de investigación, as guías e grandes consellos como o de non tocar nunca as setas nin o que descoñecemos. Descubrimos unha alfombra de menta no patio, piñas verdes, investigamos setas e coñecimos unha nova que antes non viramos: a seta de carballo. En definitiva, unha maneira diferente de aprender co noso e do noso.
viernes, 12 de octubre de 2018
Caixa de outono
miércoles, 10 de octubre de 2018
A plantar e a recoller!!
sábado, 6 de octubre de 2018
Navegando na exposición Cultumar
Visitamos a exposición o mércores 5 pola tarde coas familias. Tivemos como guía a Dane Niñez, membro da organicación e que nos explicou as distintas embarcacións. Admiramos o Obradoiro e a catedral e antes de marchar fixemos a nosa aportación entregando as barcas que fixeramos pola mañán na escola. Dane colocounas sobre a lancha do Ulla. Alí quedaron as barcas, navegando no mar de pedra do Obradoiro. Despois camiñamos polo Franco contemplando os productos do mar nos restaurantes. Cruzamos a Porta Faxeira cara a Alameda, subimos pola carballeira da Santa Susana ata a Ferradura, admiramos a estatua de Rosalía e baixamos cara a Residencia Universitaria onde merendamos ata que o sol agochouse detrás dos cotos no seu de altar cara o mar. Voltamos para a casa ca certeza de ter feita unha descuberta.
Fachenda do noso patio na escola de Sarandón
As nosas creacións artísticas!!
miércoles, 3 de octubre de 2018
Seguimos a ser xenerosos e continuamos repartindo a nosa colleita
De cumpleanos por Sarandón
Pouco máis de 15 días de clase e xa dou para moita festa por Sarandón. Tivemos dous días de cumpleanos, dúas compañeiras que se nos fan grandes, unha veterana e outra recén chegada á familia do CRA. Parabén a ámbalas dúas, pasamos un gran día,non faltou pedir un desexo, a felicitación especial do profe Antonio e a degustación de esas tartas tan ricas. Grazas ás familias por axudar a que este día sexa tan especial....xa estamos pensando en facer concurso de tartas...que nivel vos hai por aquí!!
lunes, 1 de octubre de 2018
Aprendendo de primeira man coa nai natureza.
viernes, 28 de septiembre de 2018
Comezamos o proxecto da vendimia
Chegou o S. Miguel e polo tanto a época da vendimia está aquí. Estamos desexando ir a vendimar á casa da nosa amiga Estrella, de Camporrapado e mesmo ver como medra como si de maxia se tratase, unha viña na escola de Sarandón,para poder vendimar no día da festa da parroquia e deste xeito poder convidar aos veciños a degustar o mosto que fagamos. Mentres estos días non chegan, imos entrando en materia e coñecendo un pouco máis de esta tradición tan arraiada na nosa contorna. Deste xeito, observamos diferentes follas de plantas de viñas, tamén de arce e de fento.
miércoles, 26 de septiembre de 2018
Traballando a terra e replantando
martes, 25 de septiembre de 2018
Xa chegou o outono
martes, 18 de septiembre de 2018
Hoxe tocou repartir allos e ceboletas
viernes, 14 de septiembre de 2018
Empezamos novo curso e seguimos coa nosa horta a pleno rendimento.
Durante todo o verán os papás das escolas fixeron turnos para que a nosa horta estivera resplandecente cando chegáramos en setembro e así foi. Cando chegamos tiñamos moita colleita para coller: acelgas, calbacíns, fresas, allos, cebolas.... Xa vos iremos ensinando, que isto é un luxo e con uns pais así, aínda máis. Nestas fotos podemos ver como transplantamos as fresas e mesmo recollímolas xunto coas acelgas, as aromáticas e escarola e a única cenoria que tivemos e da que estamos moi orgullosos... a pouco soubo!!
martes, 11 de septiembre de 2018
Horario de adaptación
Aquí podedes ver o horario de adaptación para este novo curso. Deberedes ter en conta que este período sólo afecta aos nenos e nenas que entran en 3 anos o resto terá horario de 9 a 14h. Xa non falta nada!!
Curso 2018-2019
Xa está aquí un novo curso. Na reunión que tivemos onte, repartimos o horario para este curso e demos algunha que outra información importante para o bo funcionamento do curso. En vindeiros días serán as propias titoras ou titor @s que poñan unha nova reunión para os temas que afectan a cada escola. Mañán as portas das nosas escolas abriránse para recibir aos mellores convidados posibles... Benvidos tod@s á vosa casa, a casa da familia do CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas".
jueves, 6 de septiembre de 2018
Xuntanza de inicio de curso
Moi boas a tod@s e benvid@s!! Xa estamos de volta para votar a andar un novo curso. O vindeiro luns xa teremos unha primeira toma de contacto na xuntanza que terá lugar no baixo do local social de Lestedo. Alí presentaremos os novo integrantes do claustro e o equipo directivo. Asemade, explicaremos diferentes informacións importantes e solventaremos calquera dúbida que poidades ter. Un saúdo de todo o claustro que conforma o CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas".
jueves, 21 de junio de 2018
#incubandooviños
Este proxecto foi o eixo central e unha das motivacións mais importantes na escola de Sergude durante todo este curso. Rematado o curso, toca rematar proxectos... Sen dúbida, unha gran experiencia, na que todos e todas aprendemos, descubrimos e compartimos un montón de cousas (pequenos e maiores)!
Grazas a todos e todas os que fixestes que fose posible e participastes del!
Para pechar o proxecto, preparamos un vídeo no que recompilamos todo o traballado. Velaquí o tedes!
Grazas a todos e todas os que fixestes que fose posible e participastes del!
Para pechar o proxecto, preparamos un vídeo no que recompilamos todo o traballado. Velaquí o tedes!
miércoles, 20 de junio de 2018
viernes, 15 de junio de 2018
FIN DE CURSO
Este ano despedimos o curso no Parque de bolas A Mona Ramona, en Bertamiráns!!
Pasámolo en grande!!
(Grazas ANPA)
domingo, 27 de mayo de 2018
viernes, 25 de mayo de 2018
VISITA DE PEILE
Seguimos ca volta ao mundo, está vez a nosa parada foi China ( un país moi diferente o noso: cultura, escritura, relixión...). Martina e os seus pais estiveron en China e nos trouxeron un montón de cousas: instrumentos, xogos, contos, libros, soldados de Xián, paliños, moedas... Tamén contactaron con Peile, un chico de orixen chino que veu voluntariamente a falarnos do seu país e trouxo moito material para facer un taller de escritura, gustounos moitísimo, chegounos a pouco. Esperámoste para outra ocasión. Grazas pola vosa colaboración.