Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
lunes, 23 de abril de 2018
ROBOTICRÁ
Neste curso botamos a andar no CRA outro proxecto xunto co CRA de Vilaboa- Pontevedra, o ROBOTICRÁ. Con el tentamos de achegar aos nosos alumnos/as ao mundo da programación, da robótica. E así foi como empezamos coa profe Begoña de EF a saber como se movían os robots, como tiñamos que xirar, canto tiñamos que andar,... Logo coas profes Elena, Yoli e Sabela xa chegaron os robots e os tableiros ás escolas e agora xa todos os mestres do cole os empregan nas súas tarefas.
Esta semana estivemos traballando a reciclaxe e axudámoslle aos nosos robots a levar o lixo ao contenedor apropiado¡¡¡
Aprendendo con ovos ecolóxicos
Moito xogo nos deron os ovos da galiña que temos na escola e máis das que no seu momento se venderon. Serviron para ver os diferentes cores, tamaños e ata comprobamos si tiñan diferente sabor. Xa vos decimos que saben todos igual e o que nos quedou claro é que son moooi sans e non teñen nin colorantes nin conservantes. Rico, saborosos e sans...que máis se pode pedir? Bo proveito!!!
TALLER DE ROBÓTICA
O venres pasado a profe Elena trouxo un robot a nosa aula, un ratiño moi simpático. Xa vai formar parte da nosa aula e con él faremos actividades moi divertidas.
DÍA DO LIBRO
EU LEO,
TI LES,
ÉL/ELA LE,
NÓS LEMOS,
VÓS LEDES,
ELES/ELAS LEN,
MEDRAMOS LENDO!!!!!!
PON UN LIBRO NA TÚA VIDA!!
viernes, 20 de abril de 2018
A chegada do cuco
Como ben sabedes, o cuco avisa da chegada da primavera, do tempo das flores... Para comprobar os cambios que esta estación nos trae, incluido o polen e os seus problemas paraa saúde de algúns, hoxe fomos buscar o cuco ata o río Ulla. Baixamos por "A Silva", cruzamos por Casansula, cruzamos a ponte de Sarandón, camiñamos á carón do río ata a ponte colgante de Ximonde, xogamos e merendamos na beira de alá, cruzamos a ponte e viñemos subindo dende o coto por Ximonde arriba, ata a escola de Sarandón. Unha tarde de aventura... pero non sentimos o cuco...outro día será pero o que si é verdad é que moi ben o pasamos.
miércoles, 18 de abril de 2018
jueves, 12 de abril de 2018
TRABALLANDO AS RUTINAS
Un momento moi importante do día son as rutinas: saúdamos, pasamos lista, traballamos a lectoescritura, as matemáticas abn, cambiamos a data, completamos o noso calendario, organizamos o traballo según o noso proxecto... aprendemos xogando.