[caption id="attachment_724" align="alignright" width="225"]
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
martes, 31 de octubre de 2017
Merenda sana de Samaín
Con motivo da celebración do Samaín no cole, decidimos facer unha merenda pero con alimentos sans para favorecer a nosa saúde e os bos hábitos.

[caption id="attachment_724" align="alignright" width="225"]
[/caption]
[caption id="attachment_724" align="alignright" width="225"]
viernes, 27 de octubre de 2017
Magosto - Pasabodegas 2017
Hoxe celebramos o noso magosto, cun peculiar pasabodeghiñas ao estilo do CRA.
Primeiro desfrutamos do contacontos Anxo Moure quen contaxióunos o seu amor pola natureza. Despois fomos ao furancho de Cabaleiro para merendar castañas asadas e coa barrigola chea saimos cara ao furancho de Gonzalez, ali xogamos cos seus xogos tradicionais e marchamos coa rica rosca que fixo a súa muller.
Pasámolo de marabilla!!!
This photo slideshow customized with Smilebox |
miércoles, 25 de octubre de 2017
VENDIMANDO POR LESTEDO
A semana pasada andivemos de vendima na escola de Lestedo.
Primeiro armamos unha viña á nosa medida con picas, caldeiros arena e
claro, uvas e máis follas.
Logo cortamos os
acios entre todos coas nosas tesoiras, pisamos as uvas, coamos e degustamos o
mosto. Estaba ben rico!!.

Agora andamos a observar a garrafa por ver como ser
convirte en viño.
Graciñas a todo/as pola vosa colaboración.
Graciñas a todo/as pola vosa colaboración.
viernes, 20 de octubre de 2017
Aprendemos a esfollar
Xa que nestas datas son as propias para esfollar e gardar o millo para facer uso durante o inverno, na escola tamén quixemos recordar este traballo dos nosos avós e aprender a facelo. Ata aprendimos a facer monecos coa carocha do millo, coñecemos as partes da planta e ata os usos que co millo podemos facer.
Esperando invitados
Sí, sí... pitiños!!!
O papá de Xio tróuxonos unha incubadora con 30 ovos, uns de galiña común, outros de galiña araucana, de codorniz e de kika.
Temos que esperar 21 días para ver como evolucionan os oviños e si por fin nos nacen os nosos invitados. De momento seguimos ó pé da letra as súas indicacións de coidado e revisamos a temperatura da incubadora e repoñémoslles a auga a diario.
miércoles, 18 de octubre de 2017
Non queremos lume!!
Hoxe nas nosas escolas estivemos falando moito sobre o tema dos incendios, de como cheiraba e estaba anubrado co fume e sobre todo recordamos a visita en xuño do axente medioambiental de incendios Santiago Neira Gómez que nos falou do home do lume, do moito que temos que coidar as nosas árbores e do moito que lle temos que agradecer a natureza o moito que nos dá.
Os nenos/as de Sergude coa súa mestra Ari fixeron este mural que colocaron na porta e que se convirteu no slogan de todos/as os nenos/as e mestres/as do Cra BoqueixónVedra Neira Vilas .
Queremos decirlle o home do lume que non lle queremos e que non lle imos deixar gañar.
lunes, 16 de octubre de 2017
NON QUEREMOS LUME¡¡¡

NON QUEREMOS LUME¡¡¡¡
domingo, 15 de octubre de 2017
A vendima en Sergude
A semana pasada a familia de Martín convidounos a vendimar na casa dos avós, que está cerquiña da escola. E alá fomos a axudarlles con moita disposición e motivación. O día resultou un éxito, disfrutamos moito e aprendemos un montón de cousas. Despois de rematada a vendima, que mellor que embotellar o noso mosto como proba do noso traballo. Grazas a Martín e a súa familia!!!
sábado, 14 de octubre de 2017
Os grandes colleitador@s de Lestedo!!
Ainda estamos empezando este novo curso e xa estamos disfrutando do noso traballo e do traballo dos compañeiros que xa marcaron para outros coles. Aquí tendes o froito das nosas colleitas. Como estamos disfrutando de un outono moi veraniego; os tomates, as fresas, pementos.... seguen a dar e nós, veña a levar e a compartir coas nosas familias. Bo proveito a tod@s!!
miércoles, 11 de octubre de 2017
Un porco teixo en Sarandón!!
Hoxe atopamos un porco teixo morto na estrada de Sarandón e fixémos unhas fotos para investigar na escola.
Tamén chámase teixudo ou teixugo en galego, tejón en castelán. badger en inglés.
Investigamos as posibles causas da súa morte:
Foi atropelado cando ía beber ao regato, ou cando ía comer as froitas das árbores do camiño porque é omnívoro... tamén come miñocas, caracois, vermes, millo...
Polo xeral é un animal nocturno pero no outono. ás veces, vémolo ao mencer porque ten que gardar comida para o inverno.
Ademáis, o seu pelo úsase para facer pinceis, brochas... porque é moi resistente e suave.

É un mamífero plantígrado, ten cinco dedos e apoia sobre as plantas dos pés, ten unllas moi afiadas. Ten o pelo da cara facendo bandas brancas e negras como un antifaz. O mestre Antonio trouxo unha pel de teixo que tiña na súa casa e tocámola!

PORCO TEIXO MORTO EN SARANDÓN
Hoxe atopamos un porco teixo morto na estrada de Sarandón e fixémos unhas fotos para investigar na escola.
Tamén chámase teixudo ou teixugo en galego, tejón en castelán. badger en inglés.
Investigamos as posibles causas da súa morte:
Foi atropelado cando ía beber ao regato, ou cando ía comer as froitas das árbores do camiño porque é omnívoro... tamén come miñocas, caracois, vermes, millo...
Polo xeral é un animal nocturno pero no outono. ás veces, vémolo ao mencer porque ten que gardar comida para o inverno.
Ademáis, o seu pelo úsase para facer pinceis, brochas... porque é moi resistente e suave.
É un mamífero plantígrado, ten cinco dedos e apoia sobre as plantas dos pés, ten unllas moi afiadas.
Ten o pelo da cara facendo bandas brancas e negras como un antifaz.

O mestre Antonio truoxo unha pel de teixo que tiña na súa casa e tocámola!
O equipo de primaria fixo esta entrada no blogue.
jueves, 5 de octubre de 2017
Día Mundial Docentes 2017
No CRA Boqueixón-Vedra Neira Vilas temos a sorte de contar cun equipo docente extraordinario, que traballa con ilusión para conseguir os obxectivos propostos.
Hoxe celebramos este día e asi o debuxaron os nenos e as nenas das diferentes escolas.
Hoxe celebramos este día e asi o debuxaron os nenos e as nenas das diferentes escolas.
![]() |
E por suposto contaxiando a súa paixón o Teatro..
FELIZ DÍA!!!