Metidos xa de cheo na última etapa de este curso e como broche de ouro para rematar cos talleres de cociña e fomentar a comida san, contamos novamente coa axuda inestimable dos expertos cociñeiros do restaurante “La Molinera” de Lalín. Deste xeito, o 26 de abril celebramos no noso centro o “Master CRA” no que preparamos e degustamos unha saborosas receitas con legumes, en concreto preparamos, cosiñamos e degustamos unha crema fria de fabas, ensalada de garavanzos e hamburguesas de lentellas. Nin que dicir ten, o éxito acadado nesta nova edición no que profes e alumnado disfrutamos mentres aprendíamos un xeito diferente de traballar con este tipo de alimentos.
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
miércoles, 26 de abril de 2017
Mastercra
Hoxe no local sociocultural de Lestedo tivemos a oportunidade de participar no mastercra da man dos chefs do restaurante La Molinera de Lalín.
Agradecer a Diego, Ana e Alberto a súa paciencia, esforzo e disposición de vir a cociñar con nós.
Moitas grazas!
Create your own free picture slideshow |
sábado, 22 de abril de 2017
DIA MUNDIAL DA TERRA
Que podes facer ti pola Terra?
As nenas e os nenos de Campoapado, recolleron landras xerminadas de carballo americano para agasallar ao resto das escolas do CRA.
Asi axudamos a coidar a terra: plantando árbores que nos dan sombra e aire puro.
Día Mundial da Terra
Que podes facer ti pola Terra?
As nenas e os nenos de Campoapado, recolleron landras xerminadas de carballo americano para agasallar ao resto das escolas do CRA.
Asi axudamos a coidar a terra: plantando árbores que nos dan sombra e aire puro.
martes, 18 de abril de 2017
viernes, 14 de abril de 2017
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
Día Mundial da Saúde 2017
Este ano trabállase no eixo da depresión infantil e neste tema as emocións xogan un papel fundamental na súa prevención e tratamento. Dende a escola acercámonos a descubrir, valorar, aceptar, manexar, traballar ou controlar as nosas emocións e as das persoas que nos rodean.
A free slideshow by Smilebox |
viernes, 7 de abril de 2017
Día mundial da saúde.
Hoxe celebramos o día mundial da saúde. Gracias aos papás, mamás, avós, avoas, tíos, padriños, madriñas en en definitiva todos aqueles que nos axudan a sentirnos mellor e aportarnos todo o necesario para medrar sans e fortes. Este ano trabállase no eixo da depresión infantil e neste tema as emocións xogan un papel fundamental na súa prevención e tratamento. Dende a escola acercámonos a descubrir, valorar, aceptar, manexar, traballar ou controlar as nosas emocións e as das persoas que nos rodean. Descubre o video que agocha a seguinte imaxe:
jueves, 6 de abril de 2017
Día Mundial da Actividade Física
O 6 de abril celébrase o Día Mundial da Actividade Física
Este ano trátase de acadar o obxectivo de 30 minutos de actividade física ao día.
Hoxe é un bo día para empezar!
miércoles, 5 de abril de 2017
Lembrando ao noso Carballo das Mentiras
Na escola de Sarandón despedimos ao Carballo das Mentiras,
esa árbore entrañable que nos acompaña día a día e que
esta primavera non espertou...
martes, 4 de abril de 2017
A primavera chegou ao Pico Sacro
Na escola de Sergude temos unhas vistas privilexiadas do Pico Sacro, polo que decidimos aproveitar para facer un pequeno rexistro meteorolóxico e cronolóxico como facemos na asamblea. Dende o mes de xaneiro, o encargado ou encargada saía ao patio a primeira hora da mañá e sacaba a foto, que despois a profe Ari imprimía en papel
Asi pouco a pouco o inverno foi pasando dando paso a primavera...
Asi pouco a pouco o inverno foi pasando dando paso a primavera...
Make your own free photo slideshow |