Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
martes, 23 de diciembre de 2014
Felicitación mediambiental
Seguindo as nosas ganas de facer deste mundo un pouco mellor, elaboramos esta felictación navideña dun xeito moi natural. Así,dende o cra Boqueixón-Vedra , queremnos aproveitar estas datas para desexarvos unhas felices festas e mellor 2015!! Bo Nadal!!
miércoles, 17 de diciembre de 2014
E POR SE NOS ESQUECEMOS.... BO NADAL¡¡¡
Agardamos que este novo ano veña cargado de moitisimas cousas boas para todos/as, que sexa o fin de todo aquelo que nos fai sufrir e sexa o comezo de todo o que nos fai aledarnos.
Que volvamos a ser nenos/as e vivamos este Nadal con ilusión, e non esquezamos que non necesitamos moito para ser felices e vivir en familia.
O Nadal non é só desexar tamén dar¡¡
DOCUMENTAL UNITARIAS
A finais do ano pasado participamos nun proxecto moi emocionante para nós, revivir a vida dun mestre de unitaria. Ver o paso do pizarrillo á pizarra dixital, da enciclopedia Álvarez ao libro dixital, pero eso sí sen esquecer que tanto nunha época coma na outra compartimos a ilusión,a emoción e o orgullo de educar en familia.
En febreiro será a estrea do documental UNITARIAS e estamos desexando que chegue o día¡¡¡
Festival de Nadal
Recordade que o venres 19 ás 16h temos unha cita na Casa Cultural de Camporrapado para disfrutar do noso xa tradicional Festival de Nadal. Teremos actuacións de tódalas escolas e a visita de Papa Noel que ven dende o Polo Norte expresamente para estar connosco esa tarde.
NON FALTEDES QUE PASAMOS LISTA¡¡¡¡¡¡¡
viernes, 12 de diciembre de 2014
FELICIDADES ANTONIO¡¡¡
Hoxe está de cumple o único mestre home do CRA e iso temos que celebralo por todo o alto. E que mellor maneira que facelo recordando a cantidad de cousas que del aprendemos, as frases que nos ensina cada día.
MOITÍSIMAS FELICIDADES MESTRE
E GRAZAS POR TODO¡¡¡¡
miércoles, 10 de diciembre de 2014
Quentando motores para o festival de Nadal. Aquí tedes a canción Anikuni, por si a queredes escoitar cos vosos fill@s.
martes, 9 de diciembre de 2014
domingo, 7 de diciembre de 2014
jueves, 4 de diciembre de 2014
OUTRO NOVO PREMIO O NOSO TRABALLO
Déronnos un accesit polo noso Proxecto Emocional do centro coas tablets e estamos moi, moi contentos¡¡¡¡¡
martes, 2 de diciembre de 2014
lunes, 1 de diciembre de 2014
A PERFUMERIA DO CRA
Sabedes que estivemos a facer no CRA coas plantas aromáticas que estamos coñecendo este ano???? Pois nada menos que ......
AUGA DE COLONIA
CHOVE E NON ME MOLLO
No cole fixemos un proxecto baseándonos en que o home precisa a auga para vivir pero tamén precisa protexerse dela e ás veces vivir nela e dela. Así que preguntámosnos: que fixo o home para protexerse da auga?. Pois alá vai a resposta e máis todo o que traballamos.
E presentamos o proxecto a Vedra en Ciencia a semana pasada e déronnos moitas felicitacións polo noso traballo e recibimos premios para todas as escolas. Que contentos estamos¡¡¡¡
O calendario medioambiental
Aquí vos queremos ensinar o calendario que fixemos para o que queda de curso, que xa sabemos que ainda queda..... pero en nada estamos na última páxina. Elaborámolo coas plantas e herbas da nosa contorna e adornámolo como máis nos gustou. Con este traballo, descubrimos o interesante que é traballar coas plantas e xogando....todo o que podemos aprender. Presentámosvos o mes de decembro. Viva o Nadal!!
Arts & Crafts
O prometido é débeda! Aquí vos deixo os vídeos que vimos estas últimas semanas.
A desfrutalos!