This photo slideshow customized with Smilebox |
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
jueves, 30 de octubre de 2014
jueves, 23 de octubre de 2014
Aceite de romero
Como dentro do noso proxecto mediambiental tamén entran as plantas aromáticas, ensinámosvos os expertos que estamos feitos e ata xa fixemos aceite de romero...votádelle un vistazo, veredes!!!
[youtube z8jkbJISO1o&feature=autoshare]
miércoles, 22 de octubre de 2014
martes, 21 de octubre de 2014
PLANTAS AROMÁTICAS E MEDICINAIS NAS ESCOLAS DO CRA!
Imos crear unha escola de menciñeiros e menciñeiras, para manter vivo este saber milenario...
pero primeiro temos que aprender a recoñecer as plantas, recollelas, secalas... para despois facer as "mencinhas".
Abride ben os ollos e buscade estas plantas na vosa escola.
viernes, 17 de octubre de 2014
ACEITE DE ROMERO
A partir do proxecto das plantas aromáticas, os nenos e nenas de Sergude estamos investigando sobre como facer aceite de romero.
Xoel tróuxonos á escola unha botella con aceite de romero que fixo na súa casa. Explicounos como o fixo e cales son as súas propiedades.
Martín tróuxonos anotados tamén os pasos a seguir para elaborar este aceite case máxico e decidimos facelo na escola.
Xa vos iremos contando como vai o proceso!
martes, 14 de octubre de 2014
lunes, 6 de octubre de 2014
DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA
O pasado 2 de outubro, conmemoramos o Día Internacional da Non Violencia, co fin de lembrar que todos os días cómpre solucionar sempre os conflictos de xeito pacífico, falando, con amabilidade, con recpecto... sen agresións.
Na clase de psicomotricidade comprobamos o ben que se arranxan as cousas co xogo dos bicos e das apertas, Porque a vida é mellor con amigas e amigos!!!!
Photo slideshow generated with Smilebox |
viernes, 3 de octubre de 2014
Horticultando no CRA
Xa está un novo curso empezado e o noso proxecto medioambiental dese ano votado a andar. Ten por título "Horticultando no CRA".
Este curso farémoslle unha especial atención ao horto ecolóxico, como ferramenta pedagóxica e modelo práctico das relacións entre o ser humano e a natureza. A idea deste proxecto, lévanos a ver o horto como un recurso para unha educación ambiental orientada cara o desenvolvemento sostible e cara unha formación máis humana do alumnado.
Queremos transmitirlles aos nosos nenos e nenas, a idea da ecoloxía dende o punto de vista do respecto á natureza e aos seus diferentes ecosistemas, procurando un cultivo racional con medios naturais que fomenten a biodiversidade na nosa bisbarra e a produción de alimentos saudables.
Os nosos cultivos levaranse a cabo con técnicas ecolóxicas, libres de residuos, sen herbicidas, plaguicidas, insecticidas… deste xeito, o alumnado tomará conciencia da importancia dos produtos que obteñamos, frescos, saborosos e nutritivos. Ao mesmo tempo que se respecta o medio ambiente e presérvase a fertilidade do chan.
“Horticultando no cra” será un proxecto onde xogando e traballando aprenderemos entre todos e todas a sementar curiosidades, a facer crecer paciencias e a recoller realidades e ilusións. Entre todos os membros do cra compartiremos mesa e comeremos de maneira san e equilibrada. Imos alá?...nós xa empezamos!!

miércoles, 1 de octubre de 2014
O CONSELLEIRO VISITA O CRA
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe o C.R.A. e o recibimos con moito asombro na escola de Lestedo. Alí se presentou a primeira hora da manán, acompañado polo xefe Territorial de Educación na Coruña, Indalecio Cabana Leira e polos alcaldes de Vedra e Boqueixón. Con eles viñan as cámaras da TVG, así que pasamos uns momentos moi entretidos facéndolles ver a tanta xente maior as nosas habilidades en novas tecnoloxías.
Foi unha visita moi cordial e amigable.