Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
domingo, 28 de septiembre de 2014
De festa en Sergude
Os nenos e nenas da escola de Sergude fixemos a nosa primeira festa deste novo curso 2014/2015!
E que mellor motivo de festexo que o aniversario do noso compañeiro Xoel.
Parabéns Xoel por eses 5 anos recén cumpridos e grazas polo compartido!
jueves, 18 de septiembre de 2014
FESTIVO LOCAL
Lembrade que o vindeiro LUNS 22 DE SETEMBRO non teremos clase en ningunha das escolas do CRA xa que é O Patio, festivo local do Concello de Vedra.
Vémonos o martes 23 xa con horario normal de 9 a 14 e clases das especialidades.
viernes, 12 de septiembre de 2014
UN AGASALLO MOI ESPECIAL
A escola de San Fins recibiu un agasallo moi especial, un barco e dous peixes de madeira, que fixo o pai de Martin. Moitas grazas!!!!!
jueves, 11 de septiembre de 2014
miércoles, 3 de septiembre de 2014
COMEZA O CURSO 2014-2015¡¡¡¡
O vindeiro 10 de setembro arranca un novo curso e con el xa empezan a aflorar as primeiras ideas para levar a cabo nas nosas clases.
ATENCIÓN¡¡¡
PERIODO DE ADAPTACIÓN
Do 10 ao 19 de setembro teremos clase de 9 a 13
A partir do 22 de setembro horario normal de 9 a 14
Preparados que logo empezamos¡¡¡¡¡