miércoles, 28 de mayo de 2014

De viaxe!

Deixovos un resumo dos visitantes internacionais desta semana!
Veña, veña, que despegamos!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a free picture slideshow

COMEZA A ANDADURA POLO PROXECTO INTERCULTURAL!!!!

Esta semana tivemos en Camporrapado a visita dunha rapaza húngara, outra búlgara e dun rapaz francés. Todos eles veñen a desenvolver actividades relacionadas co Proxecto Intercultural que se desenvolve todos os anos no CRA, e aquí vos deixo unhas fotos do seu paso pola nosa escola.
Coas rapazas húngara e búlgara, primeiro coñecimos os seus países e a continuación fixemos diferentes actividades, entre elas unha pulseira con lanas como a que vedes na foto ou un baile moi divertido paracido ao "Pasemisí, pasemisá" coñecido por todos nós.










Hoxe mércores co rapaz francés, chamado Nico, aprendemos a decir os números no seu idioma, vimos un conto tradicional (Os tres porquiños) e escoitamos, bailamos e interpretamos unha canción.



lunes, 26 de mayo de 2014

TALLER DAS OVELLAS EN SAN FINS.

O pasado martes disfrutamos dun gran día, visitáronnos os nosos compañeiros/as de Sergude, para disfrutar xuntos do taller das ovellas que preparou a profe Tania. Neste taller aprendemos moitas cousas sobre a la : de onde procede, como rapan as ovellas, como se tingue a la, pero o que mais nos gustou foi tecer coas mans, que difícil pero o mesmo tempo que divertido!.
Grazas compañeiros/as de Sergude pola vosa visita e grazas profe Tania por ensinarnos algo tan interesante e divertido.



























martes, 20 de mayo de 2014

TECENDO EN SARANDÓN
Hoxe disfrutamos do día na veciña escola de Sarandón. Da man da profe Tania descubrimos unha morea de cousas sobre a la: de onde procede, como se rapan as ovellas, como e con que se tingue a la, con que se fía, ... e ata aprendimos a tecer coas mans!. E senón, botade unha ollada.







Tamén tivemos tempo para xogar, aprender co profe Gonzalo e escoitar as historias fantásticas do profe Antonio. Sabedes que temos na mesa: barbas de balea !!!

domingo, 18 de mayo de 2014

A VISITA DE STEFANO A SAN FINS.

O 9 de Maio visitounos Stefano, un pintor italiano, o cal ensinounos en que consiste o seu traballo, traendo algunhas das súas obras, así como o material que emprega para facelas( distintos pinceis, as pinturas, a paleta...).
Os nenos/as seguiron fascinados as súas explicacións e reproduxeron unha obra do artista Andy Warhol titulada " Flowers ".