E as profes tamen se atreveron a converterse en correos da Ulla por un día!!
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
jueves, 27 de febrero de 2014
O TRAXE DE CORREO
Hoxe a teacher Yoli trouxo un traxe de correo que era de cando seu pai era mozo. Probamos a chaquetilla e maila gorreta, que por certo pesaba bastante.
E as profes tamen se atreveron a converterse en correos da Ulla por un día!!
E as profes tamen se atreveron a converterse en correos da Ulla por un día!!
E O VENRES....
Despois de tres semanas de intensisimo traballo por fin mañan imos lucir os nosos disfraces.
Xa veredes que bonitos nos quedaron!!!!!!
De que imos???? Pois unha pista temos que ir a cabalo. Por eso os nenos de Sarandon e Sergude pasaron moito traballo facendo un para levar
Xa veredes que bonitos nos quedaron!!!!!!
De que imos???? Pois unha pista temos que ir a cabalo. Por eso os nenos de Sarandon e Sergude pasaron moito traballo facendo un para levar
O BURRO DO XOVES
Hoxe si que ides de entroidos
Algo azul e mailas gafas e o sombreiro
E a garabata e sin quitar a bata da casa
Para ser o primeiro!!!
miércoles, 26 de febrero de 2014
martes, 25 de febrero de 2014
O BURRO DO MARTES
Hoxe o burro do entroido
Mandounos vestir
Algo vermello, garabata
E unhas gafas temos que lucir.
E vaia se cumplimos co mandato... Mirade que guapos ibamos!!!
lunes, 24 de febrero de 2014
O BURRO DO LUNS
Hoxe o burro mandou levar amarelo e unha garabata e non se nos esqueceu a ninguén. Que non o creedes??? Pois aquí tedes a proba:
Pero que ben o pasamos¡¡¡¡¡¡¡
O BURRO DE ENTROIDO
Como todos os anos polo Entroido chega o noso burro entroideiro dispostísimo a mandar que é o que temos que traer cada día para celebrar o carnaval na escola. Preparádevos porque xa comeza o luns¡¡¡
Tomade nota:
LUNS ---- traer algo amarelo máis unha garabata
MARTES--- traer algo vermello, unha garabata e unhas gafas
MÉRCORES--- traer algo verde, unha garabata, unhas gafas e un sombreiro
XOVES------- traer algo azul, unha garabata, unhas gafas,un sombreiro e unha bata de casa
VENRES----- A disfrazarse¡¡¡¡
Non vos esquecedes que se non caevos o burrooo do Entroido¡¡¡¡
jueves, 20 de febrero de 2014
DÍA LINGUA MATERNA
O 21 de febreiro foi establecido pola Conferencia Xeral da Unesco en 1999 como día mundial da lingua materna, co fin de promover a pluralidade lingüística e diversidade cultural.
Segundo sinala a ONU as linguas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da nosa herdanza cultural.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e os nenos e nenas da escola de Camporrapado, fixemos unha montaxe coas verbas que se nos ocorreron pensando na nosa lingua materna, a lingua galega, e unhas imaxes da nosa terra: Galicia.martes, 18 de febrero de 2014
Este ano, con motivo do día da Paz e a non violencia, na clase de relixión xunto cos de atención educativa, fixemos un mural en forma de corazón con mans. Estas mans era un pouco especiais xa que os seus dedos eran persoas de diferentes continentes. Deste xeito, vimos que diferentes podemos chegar a parecer e en verdade que parecidos somos todos. Viva a PAZ!!.
sábado, 15 de febrero de 2014
viernes, 7 de febrero de 2014
DIA DA PAZ EN S. XIÁN
Na escola de S.Xián celebramos a semana da Paz,cantamos cancións,vimos algún conto e fixemos entre tod@s un mural..Coñecimos a un pintor moi importante Pablo Picasso, e o seu cadro " nena cunha pombiña" e sobre ese cadro nós fixemos a noso traballo para o dia da paz.Non estamos tod@s na foto porque ese día faltaron algúns compañeiros.
Mirade que ben nos quedou.....
A ESCOLA DE S.XIÁN QUERE A PAZ
martes, 4 de febrero de 2014
Como non se gasta a auga despois de taaanto chover?
Como ben saberedes, estos días non é que vexamos moito o sol! Pois moitos nenos e nenas preguntámonos como é que despois de chover tanto a auga non se gastaaaaa!. Pois que mellor momento que coñecer o ciclo da auga. Así, en cada escola elaboramos un mural ou un xogo e deste xeito, descubrimos a importancia de coidar o medio no que vivimos e apreciar un pouco máis... aínda que xa canse un poquiñoooo, a necesaria auga.
lunes, 3 de febrero de 2014
DÍA DA PAZ EN SAN FINS
O pasado día 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz co colexio. Durante uns días fomos conocendo algúns aspectos interesantes sobre a Paz.
-O pintor malagueño Pablo Picasso gustáballe moito pintar pombas: pombas da paz, e ca súa axuda coñecimos o cartel anunciador do Festival Mundial da Xuventude e os estudiantes para a Paz. Berlín 1951.
No cadro o pintor quere mostrar a existencia das diferentes razas e todas elas están unidas pola pomba da paz; todas elas son "amigos e amigas" igual que nós queremos ser, por iso fixemos un mural cas nosas fotos, representando iso.
-O pintor malagueño Pablo Picasso gustáballe moito pintar pombas: pombas da paz, e ca súa axuda coñecimos o cartel anunciador do Festival Mundial da Xuventude e os estudiantes para a Paz. Berlín 1951.
No cadro o pintor quere mostrar a existencia das diferentes razas e todas elas están unidas pola pomba da paz; todas elas son "amigos e amigas" igual que nós queremos ser, por iso fixemos un mural cas nosas fotos, representando iso.