Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
jueves, 30 de enero de 2014
lunes, 27 de enero de 2014
EXCURSIÓN AO AERÓDROMO MILITAR.
Despois de traballar na clase sobre os avións, por fin chegou o momento de facer a saída ao aeródromo militar, alí os nenos/as disfrutaron subindo as avionetas, vendo como eran por dentro e atendendo as explicacións que lle deron Isidro e Kiko, un militar e un estudante que amablemente atendéronnos no hangar.Despois da merenda continuamos ca saída, dous bombeiros ensináronnos os seus traxes e un camión, os nenos/as estaban emocionados, pasáronno moi ben.
domingo, 26 de enero de 2014
Camporrapado de Abaixo motorízase!
Unha das excursións máis divertidas que vivín na vida, daba gusto ver a estes rapaces pasalo tan ben... Aquí tedes o testigo!
Make your own slideshow |
sábado, 25 de enero de 2014
SAÍDA AO AERÓDROMO MILITAR
AEROPORTO - diapositivas
Despois de traballar e falar na clase sobre os avións o pasado venres día 24 fixemos unha saída ao aeródromo militar de Santiago onde a tenente Carballido, o comandante Isidro e un estudante, Kiko, nos explicaron como funcionaban os avións, a función das rodas, das luces nas alas, do tipo de repostaxe,... Pero o máis interesante para os nenos e nenas foi ver como era por dentro e poder entrar. Non nos olvidamos tampouco dos bombeiros, que nos ensinaron o camión, o traxe, a función deles dentro do aeroporto, así como tamén respostaron a todas as dúbidas que xurdiron.
APRENDENDO SOBRE OS AEROPORTOS
Para algún de nós esto é pan comido porque xa tivemos a oportunidade de visitar aeroportos e viaxar en avión.
Entre outras aprendimos cousas acerca de: hangar, torre de control, queroseno, tren de aterraxe, como despegan e aterran os avións e os helicópteros, algúns vehículos que circulan polas pistas dun aeroporto, pilotos, azafat@s, distintos tipos de avións,...
Mirade algunas das cousas que fixemos:
SAÍDA AO AERÓDROMO MILITAR
Despois dunha semana aprendendo cousas sobre os aeroportos por fin chegou o venres, día da visita. Aquí estamos diante da torre de control.
Tamén había unha "escuela de pilotos"!.
Despois de almorzar viñeron a vernos 2 bombeiros do aeroporto cun camión impresionante. Ademais das mangueiras habituais, tiñan duas lanzadeiras de auga que disparan chorros xigantescos e alcanzan ata 70 metros de distancia, podendo vaciar o seu despósito en tan so 2 minutos. En realidade o camión ten tres depósitos: para auga, espuma e polvo, porque o queroseno, o combustible dos avións, alcanza temperaturas elevadísimas e por eso require uns equipamentos especiais.
lunes, 20 de enero de 2014
A petición popular...
Pedíronme os meus pequerrechos que lles puxera as cancións das vocales aquí, que lles gustan moito e as queren escoitar na casa... pois aquí as tedes.
Falta unha, xa o sei... deixade algo para outro día! ;)
domingo, 19 de enero de 2014
CUMPLEANOS DE SAN FINS DO PRIMEIRO TRIMESTRE.
No primeiro trimestre celebramos os cumples de: Noelia, Pablo, Alba, Samuel, María, Zaira, Aroa. Disfrutamos de ricos bizcoitos, pasteis e chuches, pero o máis importante e o ben que o pasan todos xuntos e a ilusión con que comparten ese momento cos seus compañeiros/as.
miércoles, 15 de enero de 2014
Con motivo do tempo de Advento, na clase de relixión, elaboramos unha coroa de Advento con forma de árbore. Como saberedes, as 4 semanas antes do Nadal son o tempo de Advento, un tempo que nos sirve para prepararnos para o verdadeiro motivo do Nadal: o nacemento de Xesús. Deste xeito, cada semana acendimos unha vela na clase, xa que o domingo non estamos no cole. A derradeira vela acendeuse o domingo 22, día no que remataba o tempo de Advento. Velaiquí o resultado. Esperamos que vos guste!!
martes, 14 de enero de 2014
A nosa "coroa" de Advento
Con motivo do tempo de advento, na clase de relixión, elaboramos unha coroa de Advento mooooi especial, acorde co noso proxecto medio ambiental: unha coroa con forma de árbore!!. Como saberedes, as 4 semanas antes do Nadal, chamámoslle tempo de Advento. Cada domingo do Advento, acéndese unha vela dunha coroa para irnos preparando para o verdadeiro motivo do Nadal, que é o nacemento de Xesús. Deste xeito, cada semana acendimos na clase unha vela, xa que o domingo non tiñamos cole. A derradeira vela acendémola o domingo 22, día no que remataba o tempo de Advento. Velaiquí o resultado. Esperamos que vos guste.
ALDARA XA TEN 6 ANOS
domingo, 12 de enero de 2014
Yago fixo 4 anos!
Felicidades, Yago!
viernes, 10 de enero de 2014
jueves, 9 de enero de 2014
A VOLTA Á ESCOLA POR CAMPORRAPADO CON SORPRESA INCLUIDA
NADAL - presentacion imagenes
Á volta das vacacións, por Camporrapado descubrimos que nos agardaban uns regalos, abrímolos e máis tarde cando saímos ao recreo descubrimos unha pegada moi especial: era a pisada de PAPÁ NOEL, ou esa foi a conclusión á que chegaron os cativos, que como ben sabedes teñen moooiiitaaaaa imaxinación!!!!!
martes, 7 de enero de 2014
Un xeito natural de felicitar
Sendo a folla o noso tema principal, quixemos felicitar o Nadal de xeito natural e en honor a gran paisaxe que rodea o noso cra. Bo Nadal!!
[youtube DHWhFu5s_Ow#t=19]
miércoles, 1 de enero de 2014
A panxoliña do CRA
Nesta panxoliña quixemos relacionar: a festa do Nadal co importante que é para nós o noso entorno en xeral e o río Ulla en particular.
[youtube yDh8X1IR2eQ&feature=youtu.be]