viernes, 21 de junio de 2013

VISITA DO ESCRITOR XOSÉ NEIRA VILAS


       O pasado mércores 19 visitou o noso cole un dos mellores escritores galegos, don XOSÉ NEIRA VILAS.  Trouxonos distintos xoguetes cos que xogaba cando era un neno: un tirapedras, unha carraca, un trompo,.... E ata nos trouxo unha marioneta de Pinocho que comprara nunha viaxe a Florencia.
        Contounos un montón de cousas da súa vida e leunos unhas cantas poesías dun libro que escribiu coa súa muller, que leva por título CANTAROLAS, e que nos agasallou cun exemplar para o CRA.
        Contactamos por videoconferencia co CRA de Vilaboa, Ponteceso e Ribadavia, e os nenos/as das escolas fixéronlle moitas preguntas.
         Falamos tamén con María Malmierca que estaba en Finlandia tamén cun proxecto de escolas rurais.
         A verdade é que nos gustou moita esta visita, aprendimos moitas cousas e sobre todo ensinounos que un ten que ler moito, axudar na casa, ser humilde pero persistente naquelo no que cree.

                                            Moitímas grazas Dn. Xosé e ata a vindeira¡¡¡¡


PROYECTO INTERCULTURAL 2013

Rematou o proxecto intercultural e neste ano coñecimos Francia, Cerdeña, Ucrania e Servia, da man de Jean Baptiste, Adam, Natalia, Francesca, Noemi e Rade. Moitas gracias a todos e tamén ao Centro Cultural Don Bosco pola xuda e o concello de Boqueixón pola súa colaboración.

 E para o ano de viaxe de novo¡¡¡¡




VAI POR TÍ, MARTÍN


    O noso compañeiro, Martín Rodeiro, perdeuse o final de curso porque está en Madrid por causas médicas, dende o CRA queremos mandarlle unha aperta moi, pero que moi forte e desexarlle que todo saia moi ben. Seguro que cando o volvamos a ver vai estar feito un superheroe.

UN BICO ENORME. QUERÉMOSTE MOITO¡¡¡¡





DÍA DO MUNDIAL DO AMBIENTE




Na escola de San Fins reciclamos.
Agora facémolo nestes contenedores doados polo Concello de Vedra.
É un pequeno xesto polo medio ambiente e o respecto polo noso planeta.


Envases lixeiros

Restos orgánicos



Papel e cartón 









É doado
 
Ti tamén podes