Ler, lendo... e o noso camiño imos facendo!
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
martes, 30 de abril de 2013
domingo, 28 de abril de 2013
COUSAS DA PRIMAVERA
A Sergude chegou por fin a Primavera, como tiña que ser.
E tamén chegou o Día do Libro. Celebrámolo elaborando un libriño: A ESTRELA MARCELA. Tén só cinco páxinas pero bonitas, iso si.
Andrea ensinounos o conto "PRINCESA" que ela inventou e ilustrou moi ben.
E agora estamos traballando para celebrar outro Día, pero non podemos dicir nada porque é secretíiisimo!
miércoles, 24 de abril de 2013
Día do Libro en San Xián
Esta é a nosa biblioteca.
Esta é a lista dos nosos libros favoritos.
O grupo de primaria le contos ao grupo de infantil.
Inventamos contos e escribímolos con pictogramas.
Atopamos un libro de máis de 40 anos!
Esta semana disfrutamos moito e animámosvos a continuar esta experiencia na casa!!!!!
martes, 23 de abril de 2013
Día do Libro en San Fins
Mirade esta casiña!!!
Abrímola...
Trátase de adiviñar o personaxe dun conto, cada día daremos unha pista e a solución escribirémola no cadro da dereita.
A pensar!!!!
1.PISTA: "O libro onde aparezo é o máis difundido no mundo despois da Biblia e do Corán"
2.PISTA: "O primeiro título que tiven foi Historia dun títere"
3.PISTA: "Sempre ando enredando e meténdome en lerias"
4.PISTA: "Cando digo mentiras médrame o nariz"
Ao final da semana sabremos a solución!!!
viernes, 19 de abril de 2013
CUMPLEANOS FELIZ EN CAMPORRAPADO
Brais xa ten cinco preciosos anos e celebrouno na escola connosco. Moitas felicidades Brais xa eres o maior da clase!
viernes, 12 de abril de 2013
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
As nenas e os nenos de San Xián, co gallo do Día Mundial da Saúde, gravamos un pequeno video-consello:
jueves, 4 de abril de 2013
Páxina para traballar fonemas
Aquí vos deixo unha páxina na que tedes un montón de xogos para traballar a discriminación auditiva, conciencia fonolóxica, fonemas, comprensión auditiva...
Entrades en: conteni2.educarex.es. E unha vez dentro darlle ó apartado de Educación Especial.
Nela atópase o xogo con fonemas que puxemos máis abaixo pero o enlace falla asi que deste xeito non hai fallo.
Desfrutádeo!!
Entrades en: conteni2.educarex.es. E unha vez dentro darlle ó apartado de Educación Especial.
Nela atópase o xogo con fonemas que puxemos máis abaixo pero o enlace falla asi que deste xeito non hai fallo.
Desfrutádeo!!
miércoles, 3 de abril de 2013
ESTAMOS DE NORABOA¡¡¡¡¡¡
Hoxe pola mañán recibimos unha maravillosa nova:
GANAMOS OUTRO PREMIO COA NOSA NUBE¡¡¡¡¡
Si, así como o oides¡¡¡ Dende o CESGA comunicáronos que o noso proxecto ‘Rural Schools & Cloud Computing’ fora elexido polo equipo de Redacción de ComputerWorld e CIO España como merecedor do Premio COMPUTERWORLD&CIO Iberoamericano 2012 na categoría ‘Cooperación ó desarrollo e Inclusión dixital’.
Estamos moi contentos e sobre todo moi agradecidos ao CESGA por ver as nosas posibilidades, a BALIDEA por facernos medrar, aos papis e mamis que a pesar dos tempos seguides creendo en nós e sobre todo aos nosos pequerrechos que son os que sempre descubren o sol detrás das nubes e fan que o noso CRA sexa un crac¡¡¡
GRAZAS¡¡¡¡¡