sábado, 23 de marzo de 2013

Os coelliños de Camporrapado

En Camporrapado fixemos uns simpáticos coelliños de Pascua.


Con eles buscamos ovos de chocolate que andaban escondidos pola clase. Os nenos e nenas atopáronos todos.

 
                                                        
SON UNS LARPEIROS!!!!

martes, 19 de marzo de 2013

domingo, 17 de marzo de 2013

ADMISIÓN DOS ALUMNOS/AS

Como todos os anos comeza por estas datas o proceso de admisión do alumnado, esta vez con algo de retraso se tomamos de referencia o ano pasado, pero xa está aquí.

ATENTOS AO CALENDARIO:

* Do 18 ao 22 de marzo todos aqueles nenos/as que están escolarizados no CRA e para o ano se teñen que matricular no CPI de Vedra ou no CPI Antonio Orza Couto de O Forte, teñen que entregar na escola o anexo I da orde que vos entregaremos ou que podedes descargar, cubrir e imprimir dende o enderezo da xunta que vos indicamos ó final. IMPORTANTE: Tedes que entregalo na escola que dende o CRA xa o remitimos ó CPI correspondente.

* Do 5 ao 17 de abril comeza a presentación de solicitude de admisión no CRA para todos aqueles alumnos/as novos que queiran comezar no noso cole. Os que xa están escolarizados reservaselle a praza automáticamente. Para os novos nenos/as teñen que cubrir o Anexo II da orde que se pode recoller en calquera das escolas en horario lectivo de 9 a 14 ou na sede do CRA en Lestedo os mércores de 9 a 14 ou os martes de 16 a 18. Tamén se pode descargar dende a páxina da Xunta.

Para saber máis sobre o proceso de admisión podedes consultar a orde e demáis papeleo no seguinte enderezo: http://www.edu.xunta.es/web/node/8858

Nada máis, se vos xurde calquera cuestión non dubidedes en chamar o noso teléfono: 616440471, escribirnos o noso enderezo web: cra.boqueixon.vedra@edu.xunta.es ou consultarlles a calquera dos mestres nas escolas.

jueves, 14 de marzo de 2013

BENVIDO PROFE ANTONIO

Xa de volta na escola...e que mellor recibimento que unha rica tarta e estas ENORMES SONRISAS

jueves, 7 de marzo de 2013

Día Internacional da Muller



O 8 de marzo conmemórase a loita das mulleres pola súa participación en pé de igualdade cos homes, na sociedade e no seu interno desenvolvemento como persoas. O sistema educativo pretende a consecución da igualdade real das mulleres e dos homes e nós, entendemos que "xogando constrúese a igualdade", mirade!:




  




E non esquezades...














ROSALÍA DE CASTRO

A semana pasada celebróuse o Día de Rosalía, no 150 aniversario de Cantares Galegos, e nós tamen realizamos diversas actividades coa profe Belén para coñecer a súa vida e a súa obra...
Como Rosalía de Castro será a protagonista do Día Internacional das Mulleres en Galicia este ano, aproveitamos para compartir este bonito poema cantado por Lucía Pérez e o "coro" de primaria de San Xián..