Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
jueves, 31 de mayo de 2012
domingo, 20 de mayo de 2012
Proxecto Intercultural
Arranca o proxecto intercultural do noso cole e con él visítannos unhas mestras moi especiais. A partir desta semana abrimos as portas do CRA a xente doutros países para aprender cousas de outros sitios e saber que existen máis culturas,falas ,... ademáis da nosa. Este ano viaxaremos a Italia con Roberta, a Hungria con Suzzi, a Polonia con Olga e a Uruguay cos papis de Santi Capdeville, un alumno da escola de San Fins.
Preparádevos para que vos cheguen a casa falando italiano ou hungaro¡¡¡¡
Eu, como mestra de inglés, creo que as cousas que se aprenden de pequeno, algún día aparecen de maior, e un dos meus empeños e facer dos nosos nenos/as cidadáns do mundo, que queiran viaxar, coñecer outras cousas,... e respectar os seus semexantes sexan da cor que sexan, porque nunca sabe un onde ha de acabar, nin con quen rematará compartindo a súa vida.
Comeza a viaxe¡¡¡¡¡

NOS TAMÉN CREAMOS
Nas escolas do CRA andivemos moi liados a semana pasada pois estivemos traballando de directores de cine. Si, si como o oides, de directores e directoras de cine. Participamos nunha convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística titulada "Nós tamén creamos" que consistía en facer unha curtametraxe de animación a partires dun libro da editorial OQO. E como somos moi traballadoriños fixemos non unha senón catro curtas.
Aquí volas deixamos para que disfrutedes e nos deades a vosa opinión de que vos parecen. Seguro que habedes recoñecer algunha voz por aí¡¡¡
Feito polos nenos/as de EI das escolas de Lestedo e San Xián
Feito polos nenos/as das escolas de Camporrapado e Sergude
Feito polos nenos/as das escolas de San Fins e Sarandón
Feito polos nenos/as de EP da escola de San Xián
Ah¡¡¡¡ Tamén as podedes ver na páxina da TVG xunto coas outras curtas do resto dos colexios que foron seleccionados para facelas. www.crtvg.es/infantil

Cousiñas que facemos
Con motivo das celebracións: DÍa do Libro, Día da Nai e Día das Letras Galegas fixemos moitos traballos. Aqui amosamos algúns.
miércoles, 9 de mayo de 2012
A NOSA PLANTACIÓN
Despois de ver as semillas que chegaron dende Sergude, fixemos unha plantación de semillas na nosa aula. Aquí nos vedes traballando:
Despois de poñer a terra nos cacharriños, metimos as semillas, cubrímolas cun pouco máis de terra e finalmente regámolas un pouco:
E mimándoas un pouquiño cada día, algunhas empezan a asomar a súa cabeciña. Aquí as tendes: