Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 23 de junio de 2023

SAÍDA A CAMPO LAMEIRO

    Para rematar o curso que mellor maneira dunha viaxe todas as nenas e nenos que formamos o CRA na compañía das nosas mestras??? 

   Foi unha longa viaxe chea de ilusión, experiencias, coñecementos, alegrías, locuras e algún que outro mareo do que non nos libramos nin os adultos, vaia curvas!!! pero mereceu a pena. 

   Aquí tedes algunhas das imaxes de certos momentos especiais que puidemos capturar e vexades o que andivemos argallando por Pontevedra.



















CERRANDO VENTÁS E ABRINDO PORTAS

    Como tod@s saberedes, estes foron os últimos días neste cole, e gran familia, para algúns dos membros máis importantes desta nosa comunidade educativa, os nosos nen@s, eseas maravillosas personiñas sen os cales sería imposible esta andadura e por e para os cales é un pracer traballar e desfrutar deste camiño na súa compañía. 

    O camiño no CRA fixo un "STOP" para poder seguir avanzando por outros percorridos, co mesmo fin,  pero que se van do noso alcance e que lles axudarán a seguir crecendo en sabiduría e experiencias. Esta parada non significa un adeus desta escola senón ata pronto xa que poderán voltar, pero farano doutro xeito, pero coa mesma ilusión por ambas partes, posto que as nosas portas sempre estarán abertas para eles e as súas familias, quen tanto colaboraron, axudaron e confiaron en nós para aportar o noso graíño de area na súa educación.

Botaremos de menos vervos día tras día raparig@s. Noraboa e bo camiño!!

  • LESTEDO


  • SARANDÓN

  • SERGUDE


  • SAN FINS


  • SAN XIÁN


  • CAMPORRAPADO





REVISTA RUKUTRÚ

 OLA FAMILIAS!!!!

UN ANO MÁIS AMOSAMOSVOS ALGÚNS DOS TRABALLOS REALIZADOS NAS NOSAS ESCOLAS A TRAVÉS DA NOSA  REVISTA ANUAL.

ESPERAMOS QUE A DISFRUTEDES.UN SAÚDO E BO VERÁN.







                                                      https://drive.google.com/file/d/13WCeDiIFvWovZid3n1dWXQxjs63qbaA4/view?usp=sharing

lunes, 5 de junio de 2023

PROXECTO INTERCULTURAL

 Para rematar este proxecto, unha mamá da escola de Sarandón, FERNANDA, animouse a vir á escola e falarnos de México, onde viviu uns anos cos seus pais e irmás.

Si xa o proxecto é emocionante, que veña a mamá dunha compañeira a contalo eso é incrible.

Todos e todas prestamos moitísima atención e aprendimos moitas, moitas cousas: a súa ubicación, lugar emblemáticos, o traxe tradicional, a comida típica, o cultivo de plátanos e cacao... e como non podía ser doutro xeito tamén aprendimos a bailar "el zapateado" a ritmo de "La Raspa" 

Aquí tedes unha pequena mostra do moito que aprendimos



LUPIÑA E O SEU BOSQUE MÁXICO

 O Concello de Boqueixón invitounos este venres á presentación do conto iinfantil: "Lupiña e o seu bosque máxico".

O alcalde presentounos a Raquel Sánchez, a autora do conto e veciña de Lestedo que nos contou de viva voz un pequeno resumo da súa creación. A continuación disfrutamos moitísimo coa representación do conto. Fixéronnos imaxinar, rir, bailar....e ao final unha sorpresa fantástica:  Agasalláronnos cun exemplar a cada neno e nena e outro para cada escola...eso sí, tooooodos eles cunha dedicatoria de Raquel Sánchez.

Aproveitamos esta saída para merendar todas as escolas xuntas no patio da escola de Camporrapado e ademáis de xogar escoitamos da man do mestre Antonio, a historia do Rukutrú...O NOSO RUKUTRÚ, moi ligado á historia que viñamos de escoitar.

Unha saída por todo o alto!!!!



domingo, 4 de junio de 2023

ENFERMEIRA E MÉDICO

    En San Xián seguimos a traballar os oficios e desta volta tivemos unha visita moi especial. 
Viñeron a escola unha enfermeira e un médico, moi coñecidos por todos xa que son os papás de dous compañeiros. Con eles aprendimos un mónton de cousas e practicamos a RCP cos nosos peluches, escoitamos o corazón co estetoscopio, medimos o saturación de oxígeno en sangre, ... E sobretodo déronnos consellos moi útiles para o noso día a día.








MOITAS GRAZAS BELÉN E CARLOS!!

sábado, 3 de junio de 2023

MOCHILA VIAXEIRA

 Durante todo o curso na escola de Lestedo empregamos a mochila viaxeira. Houbo un total de 3 mochilas (unha por trimestre) que abordaban diferentes temáticas e todas usaban os fondos da biblioteca. Incluían 4 libros e un xogo didáctico para disfrutar en familia. Esta actividade resultou moi motivadora para o alumnado.



miércoles, 31 de mayo de 2023

DANZAS DO MUNDO

 DANZA ENA BUSHI

Seguimos o noso percorrido e tocoulle o turno a Xapón.

Juli, a voluntaria de Don Bosco do noso Proxecto Intercultural xa nos falou das súas tradicións e costumes.

Agora aprendimos unha danza xaponesa que versa sobre a recollida do arroz.

¡Qué ben o pasamos!




Encontro interxeneracional: "Intercambiando experiencias"

 Nas escolas de Lestedo e Sergude fixemos un encontro interxeneracional con usuarios/as do Programa de Prevención da Dependencia do concello de Boqueixón, acompañados/as da súa educadora. Pasamos unha mañá moi agradable, contándonos uns aos outro as nosas experiencias de escola e de vida. Descubrir como era a vida e a escola dos maiores foi moi sorprendente para nós... era tan diferente.... Despois xogamos, cantamos, pintamos e compartimos unha merendola con eles e elas! 

Moitas grazas pola visita! Repetiremos seguro!

Para ver un pouco mais de cada un dos encontros preme nas seguintes imaxes.


Escola de Lestedo

Escola de Sergude

martes, 30 de mayo de 2023

DANZAS DO MUNDO

 Seguimos co noso percorrido polo mundo musical.

Viaxamos ata Bélxica e aprendimos esta danza tan simpática: "DON RAMÓN"

Esperamos que o disfrutedes tanto véndoa como nós bailándoa.